Buscamos o Héroe Verde de España

09 de Maio de 2018

O gañador levará 2000€ para doar á causa que escolla.
Héroes Verdes é unha iniciciativa que persegue atopar a persoas, asociacións ou empresas que loitan, na medida das súas posibilidades, por un mundo máis sostible, realizando accións que axudan a mantener a biodiversidade e o equilibrio medioambiental, así como o benestar animal.

Buscamos o “Héroe Verde” de España.

 
  • Queremos homenaxear a todos aqueles que traballan día a día por crear un mundo máis sostible.

  • A través da web Héroes Verdes poderase propoñer a aquelas persoas ou entidades que merezan tal galardón.

  • O gañador levarase 2000€ para doar á causa que escolla.

 
Polo noso 50 aniversario coidando vacas e como parte do plan de Responsabilidade Social Corporativa, puxemos en marcha o certame Heroes Verdes. Unha acción que persegue atopar a persoas, asociacións ou empresas que loitan, na medida das súas posibilidades, por un mundo máis sustentable, realizando accións que axudan a manter a biodiversidade e o equilibrio ambiental, así como o benestar animal.
Con este novo proxecto queremos celebrar os nosos 50 anos de granxeiros, recoñecendo a eses pequenos actos que fan que todos poidamos desfrutar dun mundo mellor e diverso.

Casa Grande de Xanceda busca el Héroe Verde de EspañaAsí funciona o concurso Héroes Verdes
Para iso lanzamos a web www.heroesverdes.com a través da cal calquera poderá postular ao seu particular “heroe verde”: familiares, profesores, amigos, asociacións, ong, empresas… En só cinco días desde o seu lanzamento a web xa acumula máis de 30 nomeamentos moi diversos, e aínda esperamos moitas máis! 
Calquera que, no seu día a día, traballe por crear un mundo máis sustentable, tanto se se trata de grandes accións como das máis pequenas que pasan desapercibidas, teñen unha oportunidade en Heroes Verdes.
Na mesma web do certame realízanse as votacións a golpe de clic, e igual que en calquera sistema democrático, pódense realizar campañas para conseguir máis votos, compartindo as candidaturas nas redes sociais. Así o fixeron xa varios dos candidatos presentados que agora encabezan as votación como  Asociación Cometa  ou  O fogar de  Wilbur
 

A persoa ou entidade que reciba máis votacións será galardoado cun cheque de 2.000€ que doará á asociación ou proxecto medioambiental que desexe.

Os finalistas en segunda e terceira posición tamén recibirán 500€ cada un, co mesmo obxectivo. Heroes Verdes é unha homenaxe para poñer en valor o traballo e tesón de todos os que traballan a diario por conseguir que o mundo sexa un lugar un pouco mellor para todos os que habitamos nel.
   

Casa Grande de Xanceda celebra sus 50 años cuidando vacas¡Cumplimos 50 anos coidando vacas!

Este ano cumplimos ¡medio século de granxeiros! En medio século pasaron moOoitas cousas, pero hai algo que non cambiou: ¡o empeño de facer gandería dunha forma mellor e máis respetuosa cons animais e o medio ambiente!
 

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital