Bird Brother: a vida en directo dos nosos lagarteiros

08 de Abril de 2024


Ao máis puro estilo Big Brother: sigue o aniñamento e cría destas aves rapaces
Temos unha noticia suÚuper! E vén en forma de colaboración co Instituto de Educación Secundaria de Curtis e co Grupo Naturalista Hábitat. Que de que se trata? Pois da observación, en directo, a través dunha canle de Twitch do aniñamento e a cría dunha parella de lagarteiros na nosa granxa.

Ao máis puro estilo Gran Hermano

Esta retransmisión é posible grazas á instalación dunha caixa-niño cunha cámara que retransmite, en directo, as 24h na canle de Twitch do IES de Curtis. A rapazada do centro encargouse da instalación da cámara e do sistema de retransmisión. Quen dixo que o rural non é moderno? Vaia se o somos! 

Todo comezou en xaneiro, cando o macho explorou a caixa e chamou á femia para que mirase se lle gustaba. Mudarse é un paso e hai que mirar ben como é o inmoble! Durante o mes de febreiro entraron e saíron varias veces e en marzo... premio: a lagarteira puxo o seu primeiro ovo! 

VAI VOANDO Á CANLE DE TWITCH NESTE LINK E DESCUBRE A VIDA DESTE PRECIOSOS PAXAROS!!

Aquí deixámosche un recap de todo o que foi pasando estes días

 

A alegría de 2023

A colocación deste hotelazo para lagarteiros non foi casual: o ano pasado xa aniñaron nese mesmo sitio e sacaron adiante unha rolada de 5 poliños! Isto quere dicir que teñen alimento suficiente e de calidade na nosa granxa. 

O lagarteiro é unha especie en declive en Galicia. O seu hábitat son amplas zonas de praderias salpicadas por bosques. Isto en Galicia está a desaparecer por mor dos monocultivos. Por iso esperamos que este ano mami e papi lagarteiro saquen adiante a posta completa. 

Un proxecto de RSC

En Casa Grande de Xanceda levamos anos implementando un programa de caixas-niño para que na granxa proliferen aves diversas: pardais, rabirrubios, andoriñas, bubelas, ferreiriños, agabeadores, miñatos, curuxas, etc. En 2023 estes hoteis para paxaros tiveron unha ocupación do 88%. As caixas axúdanlles a gardarse do frío e a sacar adiante as súas roladas. 

Neste aspecto, as aves que sobrevoan a granxa tamén se ven beneficiadas pola contorna de agricultura e gandería ecolóxica que propicia ecosistemas con brañas, sebes ou masas arbóreas autóctonas. 75 hectáreas da granxa son un Espazo Natural Protexido, as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro. A Xunta declarounas así polos seus singulares valores de biodiversidade entre os que destacan, neste caso, 92 tipos de aves.

 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital