Bífidus probiótico

15 de Xullo de 2021

Os nosos bífidus son probióticos e, ademais, están boísimos!
Os nosos Bífidus están elaborados con leite ecolóxico das nosas vacas, fruta 100% ecolóxica e con BB-12®, a bífido bacteria máis documentada do mundo.
  • Os bífidus de Casa Grande de Xanceda son probióticos e fonte de calcio 
  • Con mango e vainilla e amorodo 100% ecolóxicos. E tamén na súa versión desnadata, ¡con só un 0,4% mg! 
  • BB-12® é a bífido bacteria máis documentada do mundo e asociouse con beneficios nas áreas da saúde gastrointestinal e inmunitaria. 



Que é iso do bífidus?

Os bífidus pertencen ao xénero bifidubacterium: son bacterias vivas, das boas, claro! que teñen pinta de árbore (de aí o de bífido) e viven no noso tracto intestinal. Atribúeselles unha variedade de beneficios para a saúde e por iso certas cepas son consideradas como probióticos, como as que levan os nosos bífidus! Ademais de estas bacterias boas levan leite ecolóxico de vacas moOooi felices, decilosa fruta 100% ecolóxica e NA-DA máis.
 

Sabías que o intestino é case o noso segundo cerebro?

No sistema dixestivo temos cen millóns de neuronas! Iso das bolboretas no estómago non é outra cousa que o teu cerebro e intestino comunicándose. Por iso, calquera problema dixestivo pode afectar a túa saúde xeral. Un intestino san é básico para unha mente feliz! 
Os alimentos fermentados e con bacterias vivas son moOooi importantes para manter un intestino saudable.

Bifidus Mango Vainilla parte de atrás


BB-12® a bífido bacteria máis documentada do mundo

BB-12 bifidobacteriaOs nosos bífidus levan os fermentos do iogur e a bífido bacteria BB-12® que é a bífido bacteria probiótica que xunto coas bacterias do iogur fermentan o leite ecolóxico converténdoo en bífidus. A bacteria BB-12® é a bífido bacteria máis documentada do mundo e reportou fantásticos resultados na área da saúde intestinal e saúde.


A cepa BB-12® facilita a dixestión mellorando a absorción de vitaminas e nutrientes, e regulando o tránsito intestinal.


 



Este é o delicioso aspecto que ten,  agora só che queda probalo!

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital