Bases do concurso. Nin unha vaca sen nome!

10 de Maio de 2021

As nosas becerriñas están buscando nome, axúdasnos a atopalo?
Cóntanos a túa proposta de nome para as nosas becerriñas, cubre toOoodo o formulario, faite Xancedadicto e participa! 

Que debo facer para participar no concurso?

Participar no concurso de Nin unha vaca sen nome, é moOooi sinxelo! Só debes completar toOoodo o formulario e aceptar ser Xancedadictos. 
Ser Xancedadicto significa ser fan dos nosos produtos, das nosas vacas, dos mastíns e burros e participar en sorteos exclusivos, regalos e... moito máis! Prometémosche que só che escribiremos cando teñamos algo moOooi interesante para contarche. Non o penses máis e faite Xancedadicto aquí!


Ata cando poido participar?

Tes toOoodo un mes para pensar e repensar nun súper nome para unha das nosas becerriñas. Iso si! faino antes do venres 11  de xuño ás 23:59h, cando finalizaremos o concurso.

 

Cando e como se realiza o sorteo?

O sábado 12 de xuño ás 12:00h, entre todos os participantes, faremos o sorteo mediante unha aplicación de sorteos certificada, Easypromos. Este mesmo día publicaremos a lista dos  gañadores e os  suplentes nas stories das nosas Redes Sociais (Instagram e Facebook). Se resultas ser un dos gañadores recibirás un email. Estate atento e non perdas detalle!

 

En que consiste o premio?

Entre todos os participantes sorteamos 10 riquíííísimos lotes de produtos ecolóxicos de Xanceda. Se resultas gañador, poderás chuparte os dedos, con estas referencias:
 
  • 1 pack de iogur ecolóxico Junior con  LGG® con amorodos.
  • 1 pack de iogur ecolóxico Junior con  LGG® con mazá e plátano.
  • 1 pack de iogur ecolóxico Junior  con  LGG® con pexego, cenoria e uva.
  • 1 pack de Stracciatella ecolóxico estilo grego.
  • 1 pack bifidus ecolóxico desnatado con mango e vainilla.
  •  2 cremas de chocolate ecolóxicas.
  • 1 bolsiña Junior de froitas e iogur ecolóxicos.
  • 1 bolsiña Junior de cenorias, froitas e iogur ecolóxicos.
  • 1 bolsiña Junior de crema de cacao e leite ecolóxicos.
Se fose necesario reservámosnos o dereito de realizar cambios no premio por razóns de seguridade e produción.

 

O meu nome será un dos elexidos para que leve unha vaca?


Con toOoodos os nomes que recibamos realizaremos un gran Banco Oficial de Nomes para Vacas e pouco a pouco, o noso particular Comité de Vacas irallos asignando as nosas becerriñas.

Cando o teu nome sexa posto a unha das nosas vacas encargarémosnos de que recibas a súa foto por email para que sepas que tes unha afillada vaca en Xanceda.

Non lle deas máis voltas! Exercita a túa imaxinación e cóntanos esa proposta tan chuli que acaba de ocurrérseche aquí

MoOooita soOoorte! 





 
 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital