Coa axuda de tecnoloxía de agricultura de precisión creamos o labirinto COVID PÉRDETE
Dous meses antes da súa presentación sementamos a finca de millo ecolóxico coa forma do labirinto COVID PÉRDETE. Foi imprescindible usar tecnoloxía de agricultura de precisión
Así se fixo o labirinto COVID PÉRDETE
O deseño "imprimiuse" na finca no momento da sementeira.
Coa axuda de tecnoloxía de agricultura de precisión creamos o labirinto COVID PÉRDETE
Coñece ás persoas que crearon o EcoLabirinto "AntiCovid"
Aquí nada se tira o millo ecolóxico acabará sendo cortado e comido polas nosas vacas que lles encanta!
Dous meses antes de que os nosos visitantes estrearan o labirinto ecolóxico de millo COVID PÉRDETE, estabamos sementando a finca cunha tecnoloxía moi avanzada e novidosa: tecnoloxía de agricultura de precisión!
Tecnoloxía de agricultura de precisión
É unha tecnoloxía moOooi avanzada que recoñece o terreo e busca a maior eficacia e aproveitamento do terreo e consegue, ademais reducir as emisións do tractor polo seu aproveitamento. Este programa é un sistema de guiado e orde de sementeira.
Así, o deseño do labirinto, elaborado a escala e forma da finca, introdúcese no software de guiado que indica cómo percorrer e sementar a finca, neste caso, en forma de labirinto con mensaxe.
Os camiños e as letras que se aprecian desde o aire son a ausencia de semente de millo, e as zonas máis verdes son as plantas de millo que medraron moOooito!
Feito con moito coidado e precisión
Con moita paciencia, Manuel, o tractorista encargado desta fazaña, iba pasando o tractor guiado polo sistema. Manuel, que forma parte do equipo de AGROFORESTAL XANCEDA, habituais colaboradores nos traballos agrarios da nosa granxa, seguía as instruccións da pantalla que previamente se confirgurara coas coordenadas gps da finca.
Bea, a creadora e coordinadora do labirinto COVID PÉRDETE
E quen está detrás do Ecolabirinto anticovid do que todo o mundo fala? O labirinto COVID PÉRDETE foi un traballo en equipo do que estamos moOoooi orgullosos. Pero sobre todo foi posible grazas á coordinación e creatividade da nosa compañeira Bea.
Desde a idea do deseño, ata os máis simpáticos detalles que poderás encontrar na nosa leira de millo foron creados e coordinados por Bea, que pasou horas entre o millo para asegurarse de que os nosos visitantes se leven unha experiencia do máis especial e ata o momento é a persoa que máis veces recorreu o EcoLabirinto!
Bea é a coordinadora de visitas e no que se refire a creatividade para sorprender aos nosos visitantes é inigualable!
Millo que será alimento das nosas vacas
Sinceramente ás nosas vacas o do labirinto dálles igual! O que realmente lles preocupa é cando van poder comelo. E iso ocorrerá probablemente nas primeiras semanas de outubro cando o millo estea xa maduro. Mentras tanto, ata finais de setembro, o noso EcoLabirinto pódese visitar e perderse nel, a diversión está garantizada!
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815