Así foi a celebración do nosa 50 aniversario

07 de Xuño de 2018

Celebramos o 50 aniversario e entregamos os premios Héroes Verdes no día do Medio Ambiente
Celebramos o 50 aniversario da nosa granxa rodeados de amigos, entregamos os premios Heroes Verdes de España e pasámolo en grande con David Amor, co Mago Xacobe...
 

50 Aniversario de Casa Grande de Xanceda

  • Rodeados de amigos, clientes, proveedores e institucións celebramos medio século coidando vacas na nosa propia granxa ecolóxica
  • O evento foi conducido polo humorista David Amor e contou coa presencia da Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez
  • Malibú entregou o primeiro premio do certame Héroes Verdes á protectora PROGAPE de Ourense

O 5 de xuño día do Medio Ambiente, foi a data que eliximos en casa Grande de Xanceda para celebrar o noso 50º aniversario. Un acto dirixido polo humorista David Amor, no que Cristina Fernández-Armesto, directora da granxa e neta dos fundadores, realizou un breve repaso pola historia e principais fitos da compañía.

Intervención de Cristina Fdez-Armesto en el 50 aniversario de Casa Grande de Xanceda
Contamos coa presenza da Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto e da directora Xeral Medio Rural, Belén do Campo. A Conselleira interveu no evento, realizando unha intervención sobre o medio rural mencionando á nosa granxa ecolóxica como referente na produción ecolóxica en Galicia.

Entrega de premios Héroes Verdes de España

No evento tamén se entregaron os premios Heroes Verdes, certame que lanzamos como parte do noso plan de Responsabilidade Social Corporativa e co que quixemos homenaxear a todos aqueles que cada día loitan por facer deste mundo un sitio sustentable e mellor para os que o habitamos. Na súa primeira edición o primeiro premio, cunha dotación de 2.000€, recaeu na protectora de animais de Ourense, PROGAPE. O proxecto Kachorra Solidaria (de Barcelona) e a protectora Os Biosbardos recolleron os dous accésits, valorados en 500€.

Premiados en el certamen Héroes Verdes de España
Como broche final, a granxa quixo recoñecer o labor de Malibú. Unha cadela que adoptamos despois de atopala durante dous días perdida preto da granxa, e cuxa experiencia inspirou o proxecto Educando con Malibú, co que cada ano percorremos decenas de colexios concienciando sobre a problemática do abandono de animais e a importancia da adopción.

Unha gran festa de aniversario

Tras a parte máis institucional e emotiva desenvolveuse unha máis distendida. Diversas accións como grafiteiros en directo, maxia en vivo ou experiencia de realidade virtual, aderezadas cun exquisito cóctel foron algunhas das claves para facer deste un día inesquecible. Ademais todos os asistentes leváronse consigo unha cervexa de leite coa súa foto na etiqueta, recentemente tomada xunto á vaca Rosalía.

Consulta aquí o album de fotos da festa do 50 Aniversario

La vaca Rosalía en el 50 Aniversario de Casa Grande de XancedaDavid Amor probando las gafas 3d en el 50 aniversario de Casa Grande de Xanceda
Mago Xacobe realizando magia entre los invitados en el 50 Aniversario de Casa Grande de XancedaGraffity realizado en vivo durante la celebración del 50 aniversario de Casa Grande de XancedaDetalle del Graffity realizado en directo durante la celebración del 50 aniversario de Casa Grande de XancedaTarta del 50 aniversario de Casa Grande de XancedaMesa de Queso Peregrino durante la celebración del 50 Aniversario de Casa Grande de XancedaCerveza de Leche ecológica con una foto personalizada como regalo del 50 Aniversario de Casa Grande de Xanceda

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital