Ven relaxarte entre as nosas vacas no noso espazo natural protexido
Démoslle unha volta ao concepto de acroioga e transformámolo en agroioga, é dicir, ioga ao máis puUuro estilo granxeiro
As nosas pradeiras ecolóxicas son o lugar ideal para desconectar cando estás estresado. Por iso, decidimos compartilas con todos vós.
Como? Pois démoslle unha volta a iso do acroioga e decidimos convertilo en Agroioga: ioga entre vacas.
Faremos grupos reducidos guiados por unha persona profesional. Sóache apetecible? Podes inscribirte neste link e porémonos en contacto contigo cando teñamos os grupos definidos. Será do 20 de xaneiro ao 20 de febreiro, todos os sábados. Bule! Tes ata o 6 de xaneiro para apuntarte!
Os beneficios do Agroioga
Practicar ioga ao aire libre aumentará o teu benestar físico e emocional, é un complemento top para os nosos iogures!. Ademais, contarás coas mellores instructoras: as nosas vacas, que practican Agroioga toOodos os días nos nosos prados, por iso son as máaaaiiis relaxadas da granxa!