ADÓPTAME

08 de Novembro de 2019

Iogures pola adopción
Nesta campaña solidaria os protagonistas dos nosos iogures son oito cans sen fogar que buscan unha familia que os adopte.

Adóptame, iogures pola adopción

Esta campaña solidaria nace para facer visibles ás víctimas do abandono animal. Durante uns meses 8 cans abandonados son os protagonistas dos nosos iogures ecolóxicos. 
 

O noso objectivo: facer visibles ós invisibles.

Queremos poñerlle cara aos invisibles e sempre olvidados cans abandonados, co obxectivo de fomentar a adopción e loitar contra o abandono de animais. 



Desta forma os nosos iogures ecolóxicos fomentan, a través dos seus envases, a adopción destes cans sen fogar co obxectivo de atoparlles casa e de sensibilizar, en xeral, a todos os consumidores da importancia da adopción.

 

Xa son 3 as edicións nas que a través dos iogures 8 peludos diferentes entraron en miles de fogares de toda España ca esperanza de atopar a súa familia ideal. En total 24 cans de distintas protectoras de España foron os protagonistas dos nosos iogures ecolóxicos. 

Adóptame 2019  Ainda quedan 3 peludos sen fogar! Entra na web e coñece máis sobre eles.
Adóptame 2017  Todos los peludos foron adoptados!
Adóptame 2016 Todos os peludos foron adoptados

Por que é necesario Adóptame, yogures pola adopción?

En España abandónanse 16 cans e gatos cada hora!! En 2018 abandonáronse máis de 138.000 cans e gatos. 

Hai moitos cans abandonados que están esperando un novo fogar para ser felices…

Só necesitan que ti lles des unha oportunidade!

 

Para facer posible a última edición de Adóptame, o noso equipo visitou cada unha das protectoras onde viven estos cans para fotografialos e convertelos nos protagonistas peludos da nosa campaña solidaria. 

Fíxose así:

 

Cada un destes simpáticos peludos ten moOoito que ofrecer e merecen ser felices. Afortunadamente, agora están sendo coidados por voluntarios nas súas respectivas protectoras, pero o que necesitan é unha familia responsable que os queira.

Se estás desexando adoptar unha mascota, ou acudir como voluntario, seguro que podes atopar algunha outra perto de ti, onde tamén haxa peludos que necesiten unha segunda oportunidade, consulta este enlace.

E lembra: NON COMPRES, ADOPTA!

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital