8 cans abandonados son os protagonistas dos nosos iogures
Esta é a cuarta edición desta iniciativa de responsabilidade social corporativa de Casa Grande de Xanceda
Hamlet, Garem, Boga, Mahou, Teddy, Olson, Coco e Vilma serán os protagonistas dos nosos iogures durante o próximo mes e medio. Estes 8 peludos son cans abandonados
O obxectivo é que a súa foto e a súa historia entren en miles de fogares e poidan, así, atopar un fogar. En definitiva, facer visibles aos invisibles.
Esta é a cuarta edición de Adóptame, Iogures pola Adopción. Desde Casa Grande de Xanceda queremos axudar a atopar unha familia a estes 8 peludos que son o reflexo da situación que moitos animais viven no Estado. Na pasada edición todos atoparon un fogar, ¡guau! e esperamos repetir ese éxito nesta.
Durante un mes e medio a partir do 6 de setembro, 8 peludos serán os protagonistas no paquete de máis de 300.000 iogures ecolóxicos. Son de distinto tamaños, idade e carácter pero, grazas ao bo facer das protectoras nas que se atopan, están listos para experimentar unha vida en familia.
A información de cada peludo e o contacto da protectora onde viven pódese consultar no propio envase dos iogures e na páxina web da iniciativa: www.yoguresporlaadopcion.com.
Concienciar para frear o abandono
España figura todos os anos nos primeiros postos de abandono de animais na UE. En 2020 abandonáronse 286.000 gatos e cans, segundo datos da Fundación Affinity. Esta é unha situación contra a que loitan asociacións e protectoras pero que se repite ano tras ano. Por primeira vez nos últimos anos, os factores económicos colócanse á cabeza dos motivos declarados de abandono. En 2019, representaban o quinto factor. Estas cifras sinalan o impacto que a crise da covid-19 tivo nas economías familiares.
Por este motivo, Casa Grande de Xanceda, anima á colaboración con estas organizacións e doará, ao final da campaña, 1000€ ás protectoras onde viven os protagonistas de Adóptame: Asociación Protectora de Animales de Vilagarcía de Arousa, Bú Bup Parc (Fundación Altarriba) en Girona, Asociación Protectora de Animales y Plantas de Gipuzkoa y Fundación El Arca de Noé, en Madrid.
O benestar animal, un dos pilares de Casa Grande de Xanceda
Un dos compromisos de Casa Grande de Xanceda é o do benestar animal. Esta acción solidaria está enmarcada dentro do programa EduCANdo con Malibú, un proxecto educativo no que Malibú, unha das cadeliñas da granxa, rescatada do abandono, recorre os colexios de Galicia educando e concienciando sobre o abandono e a necesidade da adopción.
“Adóptame, Yogures por la adopción” é un proxecto que forma parte do programa de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) ao que a granxa ecolóxica destina o 10% dos seus beneficios anuais.
Making off: Así se fixo Adóptame
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815