- 8 peludos sen fogar chegarán a partir do 2 de setembro a miles de fogares a través da súa imaxe plasmada no packaging dos nosos iogures ecolóxicos
- O noso obxectivo é dar voz aos cans abandonados, que habitualmente son invisibles para a maior parte da sociedade.
Esta é a terceira edición da iniciativa solidaria
“Adóptame, Yogures por la adopción” coa que lle axudamos a atopar unha familia a 8 cans abandonados. A edición pasada foi todo un éxito, conseguindo que todos os cans atoparan un fogar ¡guau!
Nesta nova edición e durante un mes e medio, 8 cans de distintas protectoras serán de novo os protagonistas en máis de 300.000 iogures ecolóxicos.
O noso obxectivo: axudar a estes peludos a deixar de ser invisibles, coándose así en miles de fogares do noso país buscando unha nova oportunidade.
Os 8 protagonistas desta campaña, non teñen fogar e viven de forma temporal en distintas protectoras de España, onde voluntarios se desviven para coidalos e buscarlles un novo fogar.
Toda a información de cada un destes peludos e o contacto da protectora onde viven, pódese consultar no propio envase dos iogures e na páxina web creada especificamente para fomentar a súa adopción:
www.yoguresporladopcion.com
Desta forma os nosos iogures ecolóxicos fomentan, a través dos seus envases, a adopción destes cans sen fogar co obxectivo de atoparlles casa e de sensibilizar, en xeral, a todos os consumidores da importancia da adopción.
8 peludos protagonitas de 4 protectoras de España
Como imaxe desta campaña seleccionáronse a oito cans de catro protectoras distintas de diferentes puntos de España, pero cun perfil común: son oito peludos, simpáticos e dóciles que sufriron o abandono nos seus propios ósos.
Grazas a esta campaña poñemos cara a 8 cans ata o de agora invisibles, que con todo son animais que só necesitan un pouco de amor para dar o mellor deles. Estes 8 cans só son unha pequena mostra das miles de vítimas do abandono que se producen cada ano no noso país e que necesitan urxentemente unha segunda oportunidade. E mentres que atopan un fogar, afortunadamente están os voluntarios da protectoras de animais que fan un labor excepcional.
España é un dos países onde mái animais se abandonan da Unión Europea.
Soamente o ano pasado, 138.407 cans e gatos foron abandonados segundo datos da Fundación Affinity. Destes abandonos, un 35% producíronse durante a tempada de verán. Unha situación contra a que moitas persoas e asociacións loitan a diario, pero para a que lamentablemente se necesitan máis medios e concienciación. É por iso polo que desde Casa Grande de Xanceda, e en nome dos seus consumidores, ademais de animar á colaboración con estas organizacións, doaranse 1.000€ a cada unha das catro protectoras de animais onde viven os protagonistas da campaña:
Asociación Os Peludiños de Vilalba,
Protectora de animales Os palleiros de Pontevedra,
Animal Rescue España de Madrid e
Sos Animales Sagunto de Valencia.
Adóptame, iogures pola adopción é unha campaña solidaria de fomento da adopción e loita contra o abandono de animais, forma parte a nosa
Responsabilidade Social Corporativa á cal lle dedicamos o 10% dos nosos beneficios anuais.