Estivemos varios días preguntándovos se o rural merecía un monumento e que cousas do rural o merecían. Moitas cidades teñen o seu monumento: o Oso e o Madroño, a Sagrada Familia, a Catedral de Santiago, pero o rural non tiña un e iso que había moitos motivos para facelo:
A Vaca e o Carballo
Puxémonos mans (ou patas) á obra e, coa complicidade do Concello de Lugo, fixemos esta idea realidade. Para isto contamos co artista de exhibición de talla Yosi Fervenza. A materia prima que utilizou son dúas grandes árbores autóctonas que un temporal tirou na nosa granxa. Iso púxonos moi tristes e
esta é a nosa maneira de darlles unha segunda vida! Yosi rematou o monumento no sitio onde o deixamos instalado temporalmente, na Praza Maior de Lugo e foi o centro de moitas miradas. O motivo é que a forma de esculpir é 100% con motosierra, ¡alucinante!
Por que unha vaca e un carballo? Pois porque cremos que representan moi ben a idiosincrasia rural galega. E porque onde hai vacas pacendo, árbores autóctonas e persoas non hai incendios, nin abandono nin monocultivos. A Vaca e o Carballo tamén é unha homenaxe a todas as persoas que viven e traballan no rural porque, sen eles ¡nin sequera teriamos alimentos!
E que imos facer coa Vaca e o Carballo? Pois podédelo ver uns días en Lugo, logo virá uns días á granxa e despois... ¡estaría xenial levármonos a Madrid para simbolizar a importancia do rural ou que empezase unha xira por Galicia, non si?
Unha festa por todo o alto
Celebramos a inauguración deste monumento por todo o alto cun stand en Lugo. O monumento foi descuberto polo noso compañeiro Guillermo, o tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro. Unha das actividades do stand foi, precisamente, a plantación de carballos para axudar a repoboar o noso rural de árbores autóctonas. Ademais degustamos os nosos deliciosos produtos e demos agasallos!
Mira
neste vídeo como foi a xornada!
