200 mulleres lanzan unha mensaxe desde os nosos prados
07 de Marzo de 2023
Este Día da Muller abrimos as portas da nosa granxa a máis de 200 muUulleres
Uníronse para facer unha suÚuper homenaxe á igualdade desde Casa Grande de Xanceda
Este 8 de marzo, desde Casa Grande de Xanceda, fixemos un chamemento ás nosas Xancedadictas. Abrimos as portas da granxa a nais, avoas, amigas, tías, sobriñas, fillas... para facer unha importante homenaxe.
Máis de 200 mulleres chegaron desde o rural e a cidade e uníronse para, entre todas, formar un símbolo da muller xigante e lanzar unha poderosa mensaxe: ¡VIVA A IGUALDADE! Todas elas ataviáronse cun pano violeta que as nosas vacas deseñaron para a ocasión, que dicía: "Mulleres do rural e da cidade unidas pola igualdade".
Por suposto, ademais da gravación do súper símbolo da muUuller, aproveitamos para facer unha visita á nosa granxa e degustar muUuliciosos produtos! As nosas vacas mándanlles un millón de vacabicos a todas as que viñeron compartir esta preciosa xornada con nós.
Ademais, tamén quixemos agradecer ás ecotendas que nos apoian que leven taaantos anos cultivando valores como a igualdade con nós. Por iso lles enviamos unha tarxeta cunha bomba-semente violeta.
Un traballo pola igualdade recoñecido
Desde Casa Grande de Xanceda reivindicamos con frecuencia a figura da muller no mundo rural. Hai pouco gañamos o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. O xurado considerou importante para concerdérnolo, entre outras cosas, a feminización do noso equipo. As mulleres representamos o 62% da plantilla de Xanceda (e iso que non contamos as vacas!) e moitas de nós estamos en postos de responsabilidade (incluíndo, por suposto, á nosa peluda Malibú, que está á fronte da patrulla gardavacas).
A igualdade, sempre presente
A igualdade sempre estivo moOoi presente nas nosas campañas, ¿lembras o noso súper símbolo segado nun pastizal?
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815