O 1 e 2 de xullo, @emejotisa vén á nosa granxa a vivir unha experiencia 100% granxeira
O Comité Maior de Vacas destaca a dificultade da elección, xa que toOodos os finalistas eran do melloriño!!
Queridos tiktokers vacuUunos: o Consello Maior de Vacas xa ten o seu veredicto para o noso concurso de tiktoker de vacas. Así, á data 21/06/2023, nos Prados de Xanceda e coa asistencia do total das respectables integrantes deste órgano, tratouse o único punto da orde do día, a elección de tiktoker de vacas entre 5 candidatos finalistas: @bernawildlife
@emejotisa
@loquemefaltabaporver
@pez.salvaxe
@totateki
RuUural Girl
Por unha banda, as máis escépticas cuestionáronse se un tiktoker podería apreciar o estilo de vida bovino, pero a maioría mostráronse intrigadas polas novas tendencias e a posibilidade de conectarse cunha xeración máis nova. Tras unha discusión animada, a decisión final foi que @emejotisa será a #tiktokerdevacas de Xanceda polos seus coñecementos sobre peludos, a súa simpatía, manexo da aplicación, creatividade, dominio das transicións de Tiktok e o seu desexo de ser unha RUUUURAAL girl. Vémonos o 1 e 2 de xullo, @emejotisa, a túa caravana estará lista e as nosas vacas recibirante cun gran muUu!
Pero isto non é todo! As nosas sabias vacas valoraron os votos recibidos por @loquemefaltabaporver. Polo tanto, co poder que lles outorga a pastoreo, decidiron darlle un premio ao tiktokero máis votado, con premio en metálico e unha viaxe á granxa.
Ademais, dado que en todos os aspirantes vimos valores que representan a Xanceda, tamén convidamos a @totateki, @pez.salvaxe e @bernawildlife a vir un fin de semana a coñecernos con gastos pagos.
Grazas a todos os que participastes en #tiktokerdevacas! Que o pastoreo estea convosco!
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815