07 de Abril de 2020
As granxas galegas seguimos traballando pese ó covid-19 para que no che falten alimentos de calidade.
As granxas non paramos, e seguimos traballando por ti, se pode ser, todavía con máis compromiso que antes. Estamos dispostos a facer a parte que nos toca na batalla contra el covid19: manter a provisión de alimentos de calidade que necesitas para ti e para a túa familia.
Nos tamén estamos preocupados pola situación, polas nosas familias, igual que o estás ti! Pero estamos seguros de que o venceremos e mentres o facemos, querémosnos asegurar de que nos sigas atopando nas tendas e supermercados.
Ademais, hai algo que nos da forza: é saber que contas con nós! Por iso organizámosnos para poder seguir traballando, para seguir muxindo, para seguir cultivando, para seguir transformando o noso leite coa máxima calidade e seguridade e para que sigan chegando os nosos produtos aos supermercados e tendas.
Dende hai semanas traballamos con medidas excepcionais para evitar a expansión do virus e para seguridade e protección de todo o noso equipo. Estas son algunhas delas:
Xa non realizamos reunións físicas: agora as reunións son telemáticas.
Todas as persoas que podían facelo, xa están teletraballando.
As personas que teñen que seguir traballando físicamente:
- fano por turnos para evitar así coincidir tantas personas á vez
- contan con luvas e máscaras
- evitanse ó máximo os contactos e mantense a distancia social de 2 metros
Duplicamos as limpezas en zonas comúns e en superficies de contacto recurrente (pomos de portas, chaves da luz…)
En coches ou tractores viáxase sen acompañantes.
Ademais dunna boa formación para todo o equipo en prevención, a nosa responsable de seguridade e saúde está empeñada en coidarnos ó máximo, e merece que mencionemos aquí algunha das accións máis orixinais que puxo en marcha para todo o equipo:
Comprounos crema hidratante para mans, para que ó final do día e despois de tanto lavar, as hidratemos ben.

Encargounos galletas con mensaxes para que lembremos as medidas de prevención (ela si que sabe como ter toda a nosa atención!)

Ata nos trouxo zume de laranxa para que non nos falte vitamina C.

Todas estas medidas non nos fan ir máis rápido, pero si máis seguros. Ademais as mensaxes positivas exténdense polas instalacións e recárgannos as pilas:


As que non notan nada en absoluto son as nosas vacas e todos os animais que viven aquí, eles si que viven con total normalidade e tranquilidade!
As nosas vacas, como é habitual, seguen saíndo a pastar todos os días a pradeiras libres de pesticidas, herbicidas ou fertilizantes químicos. Asegurámosnos de que no lles falte de nada, e do covid19, nin se enteraron!

