A merenda ecolóxica máis divertida agora online dende Amazon
Agora podes conseguir as nosas bolsiñas para levar con iogur ecolóxico, froitas e verduras ou as nosas natillas de cacao ecolóxicas moOoito máis fácil.
Como sabes somos unha granxa asentada no rural e a distribución para unha empresa pequena coma nós non é nada fácil. Sabemos que non chegamos a toOOodos os pobos ou cidades por iso pareceunos boa idea levar os nosos produtos a Amazon. Contámosche aquí como funciona y qué productos podes atopar.
O noso Junior para levar en Amazon
Queremos seguir dándoche o mellor servizo e que poidas conseguir produtos ecolóxicos de calidade para ti e a túa familia dunha forma rápida e segura. Por iso a partires de agora poderás atopar calquera das bolsiñas con iogur ecolóxico, froitas, verduras ou cacao para levar que elaboramos na nosa granxa no maior marketplace do mundo: Amazon.
Benefíciate así das vantaxes da compra online: a calquera hora do día, calquera día do ano, con todas as garantías. E sin saír da casa! Ademáis, se tes Amazon Prime chegarache en 24 horas.
Os produtos que podes conseguir a través de Amazon son os nosos junior ecolóxicos para levar e listos para tomar, pensados para nenos a partir dos 9 meses de idade.
Veñen en caixas de 14 bolsiñas de 90 gramos. Podes gardalas durante varios días na túa despensa pola a súa longa caducidade, ideais para unha merenda rica saudable. E polo seu envase tipo pouchnon necesitan frío, lévao a calquera lugar, ó teu parque preferido, á praia, á piscina ou cando vaias a pasear en bici cos teus amigos. É súper divertido de consumir e non necesitarás culler!
E para os máis larpeiros temos natillas de chocolate elaboradas con leite ecolóxico listas para tomar. Están boísimas!
Froita con iogur ecolóxico. Sen azucre engadido! Só leite fresco recén muxido, fermentos lácteos e un variado de froita ecolóxico
Todos os nosos produtos lácteos están elaborados con leite de vacas felices que saen a pastar todos os días a pradeiras libres de pesticidas, herbicidas ou fertilizantes químicos.
Na súa elaboración non utilizamos nin espesantes, nin leite en po, nin colorantes ou conservantes artificias. Só leite fresco ecolóxico das nosas vacas, fermentos lácteos, e neste caso froita, verdura ou cacao ecolóxico e moito cariño.
E como queremos que todos, nenos e nenas, e non tan nenos e non tan nenas, gocen dos nosos muUuliciosos postres e merendas, todos son sin gluten.
Un tapón que tamén é un xoguete: o tapón ladrillo
Además de ricos, ecolóxicos e saudables, o TAPÓN LADRILLO é tamén un xoguete e poderás divertirte facendo construccións como unha peonza, unha moto, un avión ou o que a túa imaxinación che inspire… Xoga, recicla e coleccióaos!
Ademáis de ricos, ecolóxicos e saudables, poderás divertirte facendo construccións cos tapóns ladrillo como unha peonza, unha moto, un avión ou o que a túa imaxinación che inspire… Xoga, recicla e colecciónaos!
Déixanos unha recomendación
E se compras e estás feliz con teu pedido saltaríamos de alegría se nos deixas unha valoración positiva en Amazon. Son importantes para nós, e ademáis aumenta a nosa visibilidade nesta plataforma. MoOoitas grazas por axudar a proxectos sostibles asentados no rural.
Desfruta das vantaxes de comprar os nosos junior ecolóxicos para levar, ca calidade de sempre, agora tamén online dende Amazon.
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815