As nosas vacas desfrutan dun concerto privado!

22 de Novembro de 2020

Celebramos o día da música nos nosos prados e cun público moOoi especial: as nosas vacas!
Luis, Cecilia e Lucas, os compoñentes de O trío do Acrivro, tocaron para elas fermosas melodías. Un pracer escoitalos!

Sorprendemos ás nosas vacas cun concerto privado!


Hoxe en Xanceda celebramos o día da música nos nosos prados e co mellor público: As nosas vacas! Que esta mañá foron recibidas, á súa chegada aos prados, con este concerto tan especial.
 

La mañana, interpretada por O trío do Acivro

Esta actuación foi todo un éxito, completáronse as butacas en tempo récord! Non faltaron as vacas máis curiosas que apresuraron o seu paso para colocarse en primeira liña e non perder detalle, tamén estiveron as máis tranquilas que quedaron un pouquiño máis ao fondo para amenizar a sesión con pequenos bocados de herba fresca.

En vez de flocos de millo había herba fresca para todas. Mmmm!

Este momento tan especial foi posible grazas á colaboración de O TRÍO DO ACIVRO formado por unha familia de artistas. Luís Soto, que forma parte da Real Filarmónica de Galicia, e os seus dous fillos Cecilia e Lucas conquistaron ás nosas vacas coas súas fermosas melodías. Un público particular que quedou moOoi agradecido e suUuper relaxado. Todas coincidiron en que foi unha experiencia fantástica!

 

Con este pequeno xesto queremos visibilizar e poñer en valor o sector cultural nun ano no que se bota moito de menos a música en directo, os concertos… Estamos convencidos de que moi pronto poderemos ocupar o sitio das nosas vacas, e mentres esperamos impacientes berramos moi forte: FELIZ DÍA DA MÚSICA!

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital