Nin unha vaca sen nome!

15 de Abril de 2021

A nosa é unha granxa familiar e por isto todas as nosas cuxas precisan un nome
Precisamos a túa axuda para elaborar un suUuper banco de nomes para as nosas vacas junior
Na Casa Grande de Xanceda somos unha gran familia. E parte dela son as nosas vacas. As vacas moOoi felices non son un número nunha cadea de produción. Coñecemos as peculiaridades físicas e de carácter de cada unha delas. Ademais, están con nós máis de 10 anos. Por iso precisamos a túa axuda. Contámoscho neste post:

Descendientes de vacas canadienses

Tooooodas as vacas que viven en Casa Grande de Xanceda descenden das primeiras vacas que chegaron á explotación do Canadá. Isto foi polos anos 60 e por iso moitas tiñan nomes ingleses. Bonita, Caren, Ranger, Sky, Marisol, Glenola, Frida, Esther, Tea, Fries, Renske, Picket, Saly, Maris, Daisy, Carol y Dee son as tataratataravoas das 80 herba-adictas actuais de Xanceda. 

Que como pode ser isto? Pois porque en Xanceda non mercamos animais, só facemos recría. 

SuUuper lonxevas e felices 

As nosas vacas celebran o dobre de aniversarios. Temos avoíñas de ata 13 anos! Os motivos son varios: o seu gran contacto coa natureza mantenas lonxe de calquera estrés e prevén enfermidades. Descansan en enooooormes camas de palla; toda a súa alimentación é ecolóxica e, ademais, respetamos o seu ciclo natural. Por isto producen menos leite que outras vacas pero de moOoita calidade.

Un nome para todas

En base a esas peculiaridades que che deciamos, moitas xa teñen nome: Letizia, Filomena, Mora, Primavera... pero precisamos que tooooodas as novas xeracións de vacas de Xanceda teñan un. 

De momento xa "bautizamos" a Leia e Pinta. Pero precisamos a túa axuda para ter dispoñible un bo banco de nomes. Fainos a túa proposta neste formulario!

 

Se es Xancedadicto, isto interésache: enviarémosche un email para que nos mandes unha proposta de nome. Tes un mes para facelo! Todos quedarán rexistrados nun banco de nomes. Se o teu nome é o escollido, saberás que es o padriño ou a madriña da vaca porque enviarémosche unha foto co seu nome. E, ademais, sortearemos 10 suUuper lotes de produtos de Xanceda a todos os que nos enviedes nomes. 

E... se non es Xancedadicto... tes dúas opcións! 
1. Faite Xancedadicto canto antes e poderás facer a túa proposta ao subscribirte neste formulario.     
2. Estate moOoi atento ás nosas redes sociais porque tamén preguntaremos nomes e faremos increíbles sorteos por alí. 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital