¡Inauguramos o primero paso de vaca da historia!
-
Levamos un cachiño do rural á cidade, para reivindicar o rural e a vaca como símbolo de Galicia!
-
Reivindicamos que todas as cidades galegas teñan polo menos un paso de vaca, como homenaxe á vaca e ao rural galego
-
A gandería leiteira é un dos principais motores de asentamento da poboación no rural en Galicia
O paso de vaca
O primeiro paso de vaca da historia só durou un día
pero marcou un antes e un despois na forma en que o rural se pode visibilizar na cidade!
Este primeiro paso de vaca
situouse no centro da Coruña, no Obelisco, nunha intersección entre unha rúa peonil e unha vía de circulación dun sentido. É unha zona de moito tránsito peonil, que destacou durante o día de onte con manchas de vaca ;)
O significado dun paso de vaca
Cruzar un paso de vaca é unha experiencia completamente diferente que cruzar un paso típico de cebra. Por varias razóns: primeiro, faiche pensar en porqué ten manchas de vaca, probablemente xéreche un sorriso, e podes cruzalo saltando de mancha en mancha!
Pero non é a experiencia ou a estétita: é o que significa! En Galicia somos case 3 millóns de persoas e case un millón de vacas. Con tantas vacas e tan bos pastos, non é raro que
Galicia sexa unha potencia leiteira. Galicia é o territorio que máis leite produce de toda España e o décimo no ránking europeo, e nesta misión están
máis de 8.400 familias que se adican directamente á gandería leiteira e podemos multiplicar por 2 ou por 3 os empregos que xera de forma indirecta.
E a pesar de todo iso, o despoboamento en Galicia medra, e xa hai
máis de 63 concellos galegos onde viven máis vacas que persoas! Co que o sector produtivo leiteiro adquire máis importacia aínda convierténdose nun dos principais motores de asentamento de poboación no rural.
Por todas estas razóns e moitos anos de relación e historia coas vacas, este animal converteuse nun símbolo, nunha icona de Galicia, tanto como a choiva, a muiñeira ou o polbo ;)
Xornada reivindicativa e ¡moi divertida!
Durante a xornada de reivindicación, ademais de inaugurar o primeiro paso de vaca da historia, estivemos nunha caseta, xusto á beira do paso de vaca, onde levámonos unha representación do rural baixo o lema Galicia, somos o leite!
Entre as pacas e o millo os máis pequenos puideron muxir á nosa vaca Rosalía (unha vaca de tamaño real, que non real! que se pode muxir) e nunha estación 3D cunhas lentes de realidade aumentada, todos os visitantes puideron experimentar, como viven as nosas vacas!. Participar nas actividades da caseta tiña premio: globos, bolsas de tea e BBbios con iogur ecolóxico e froita... pasámolo en grande!
Un paso de vaca permanente en cada cidade de Galicia
A de onte foi unha experiencia temporal, un prototipo de paso de vaca e unha reivindicación do rural.
Pero e se quedasen de forma permanente? Este é o noso obxectivo final!
Con toda a experiencia de onte e todo o apoio que recibimos, propoñémonos escribirlles ás principais cidades galegas para que se animen a incorporar polo menos un paso de vaca na cidade, como homenaxe á vaca e a todos os gandeiros galegos.
Porque se en Berlin o homiño do semáforo (Ampelman) é unha referencia e icona da cidade e a súa historia, e é fotografado por todos os turistas, o paso de vaca tamén podería ser un símbolo de identidade das nosas cidades e da nosa cultura!
Imaxe del Ampleman (homiño do semáforo en Berlín) que é un icono da cidade.
Foto do paso de vaca temporal e prototipo inaugurado en A Coruña, para reivindicar o rural