Dende o rural pódese todo!

17 de Agosto de 2022

O noso millo ten unha mensaxe para o mundo
Dende Casa Grande de Xanceda volvemos plantar un ecolabirinto de millo cunha mensaxe do máis clara... A Galicia Profunda pode con todo.

Dende a Galicia Profunda con amor


En casa Grande de Xanceda sementamos unha mensaxe nos nosos campos. Co uso despectivo da expresión 'Galicia Profunda' que se deu a finais do 2021, decidimos darlle unha volta para demostrar que dende o rural, profundo ou non, pódese todo.

A mensaxe para este ecolabirinto foi escollido de entre todas as propostas enviadas polos nosos Xancedadictos.


Escribindo sobre a terra


Este labirinto fíxose cun deseño desenrolado e adaptado ao terreo e foi sementado usando agricultura de precisión. Pero... Espera! Que é a agricultura de precisión?

A agricultura de precisión consiste en dar uso de programas informáticos para explicarlle ao tractor (foi duro de convencer) por onde ten que plantar millo e por onde non. Tras un interesante debate entre gandeiros e maquinaria, a informática chegou con solucións para o ecolaberinto. Programando a sementadora para que tivese un mapa da leira coas coordenadas sobre as que plantar e sobre as que non, aplicouse o deseño previamente desenvolto, dando lugar á mensaxe que hoxe podemos ver sobre o campo.
 

Perderse polo millo dá fame


Cara a finais de setembro ou principios de outubro, o ecolabirinto será colleitado para dar de comer ás nosas vacas. Xa ves, nesta casa non se tira nada! Só hai un pequeno problema... Hai unhas semanas, un grupo de espirais macarras decidiu que era boa idea vir comer as nosas colleitas. Sen madurar nin nada! e zamparse parte do ecolabirinto... É unha das cousas que se teñen que asumir cando non se usan pesticidas nin químicos sobre a terra.

Pero que non renda o pánico! Dende recursos animais de Casa Grande de Xanceda organizaron a todo un batallón de paxaros con licenza para comer, que están a vixiar todos os días o noso ecolabirinto. Estes paxaros axudarannos a ter á banda de vermes baixo control para que poidas gozar do ecolabirinto.
 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital