Benvido ao mMmundo con este agasallo!

08 de Maio de 2024


Celébrao con leite chega ó Concello de Boimorto!

Celébrao con leite en Boimorto

Despois do éxito do programa de Casa Grande de Xanceda nos concellos de Mesía e Frades, únese Boimorto para seguir premiando nacer no rural.

Unha burrada de celebración!

Como sabedes, en Casa Grande de Xanceda estamos moOoi comprometidos co rural e, por suposto, coas persoas que o forman en el habitan. Por iso, as nosas vacas decidiron agasallar a súa leite e iogur durante o primeiro ano do teu bebé para axudar, na medida do posible, a crianza dos novos integrantes das zonas máis próxima á Casa Grande.

Poderás vir cada 15 días á nosa Ecotenda para elexir entre 2 packs de iogur ou 2 litros de leite.

Con isto, os menos, non so desfrutarán de iogures e leite de pastoreo ecolóxico certificado, senón que tamén comezarán desde pequeños a coidar o medio ambiente e a preservar a biodiversidade da zona. Será un bebé moOoi especial!

Qué tes que facer para conseguilo?

MoOoi doado: pásate pola Ecotenda (de luns a venres e de 9:00 a 19:00)  para inscribir o teu bebé e tráenos a partida de nacemento e o certificado de empadroamento actualizado de calquera dos dous proxenitores.
 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital