30 de Marzo de 2020
Malibú visita o cole de Moaña para concienciar da importancia do respecto aos animais
O día 13 de febreiro, Malibú e Adriana foron a visitar aos alumnos do CEIP Quintela de Moaña. Ao chegar recibiunas María, unha profe encantadora que ademais está moi comprometida cos animais. Sempre é un pracer encontrarnos con profes como ela!
Unha vez preparados os materias para as clases, EMPEZAMOS!!!

Como cada día o primeiro que fixo Adriana é presentarse, e contar a historia de Malibú, pois ela é unha cadeliña que foi abandonada. Como Malibú non quere que ningún peludo máis viva o que ela viviu; decidiu facerse profe e por iso viaxa polos coles de primaria de todo Galicia dando clase e concienciando aos peques no importante que é respectar e coidar aos animais.
Apoiándose con fotos e vídeos, Adriana e Malibú explicáronlle algunhas das causas do abandono máis frecuentes e entre todos propuxeron e buscaron solucións. Para explicarlles unha destas causas, a de camadas indesexadas, utilizaron un divertido xogo, e que a Malibú lle encanta, o xogo das Cantriuskas. Con el, explicáronlle de forma moi sinxela aos rapaces todas as crías que pode ter unha cadeliña ao longo da súa vida, e a importancia da esterilización para evitar ter camadas non desexadas e que moitas veces acaban abandoadas.

Outra cousa moi imporante que Malibú quixo que os peques aprenderan é a importancia dos coidados que necesitan os animais e das responsabilidades que conleva ter un can, gato, etc. Por iso aquí os nenos foron participes a través dun xogo de figuras, porque aprender tamén pode ser moi divertido!

Amosáronlles a realidade das canceiras e protectoras, algo moi alexado do que debe ser un fogar para estos animais e onde os voluntarios loitan cada día por buscarlles unha familia onde ser por fin felices. E fixeron moito fincapé na importancia de darlle unha segunda oportunidade a estos animais, e sempre lembrar NON MERQUES, ADOPTA!

Remataron facendo un pequeno recordatorio para que os peques lle demostraran a Malibú todo o aprendido. Como superaron a proba con moi boa nota, Malibú premiounos con un diploma como "Expertos en animais felices" e tamén cun divertido tattoo para que durante uns días quedara a súa pegada e os seus consellos en todos eles.
Ademais para recordar estas clases, días despois fixeron un video moi bonito onde resumen como foi a experiencia de ter por un día a unha cadeliña de profe! Que guau!
Foi un día moi divertido e Malibú e Adriana foronse moi felices despois de dar clase a casi de 120 nenos, ademais Malibú foise cargadiña do que máis lle gusta: moooooitos mimos na barriga. Están desexando volver aos coles para poder seguir ensinando aos máis peques a importancia do respecto aos animais e fomentando a adopción.
