PAGO

 

1. Que forma de pago podo utilizar para realizar a miña compra?
Dispoñemos dos seguintes medios de pago: tarxeta de crédito ou débito, Paypal e Bizum.

2. Por que razón pode ser rexeitada a miña tarxeta de crédito?
A tarxeta pode ser rexeitada por algunha das seguintes razóns:
A tarxeta pode estar caducada. Comproba que a túa tarxeta non exceda a data de validez.
Pode que se acadase o límite da tarxeta. Consulta co teu banco que a tarxeta non superase o importe permitido para efectuar compras.
Pode que algún dato introducido sexa incorrecto. Comproba que cubriches correctamente todos os campos necesarios.

3. É seguro usar a miña tarxeta de crédito na web?
Si, os datos transmítense de forma cifrada mediante SSL. Para o pago con tarxeta de crédito e débito é necesario introducir o CVV (Card Verification Value), un código impreso na tarxeta que se utiliza como medida de seguridade nas transaccións de comercio electrónico.
Non gardamos os datos da túa tarxeta de crédito, polo que non será posible reproducir os datos introducidos co pedido. Este procedemento utilízase para protexer aos nosos clientes.

4. No caso de querer factura, onde ou como a solicito?
No caso de que queiras factura, agradecémosche moOoito que nolo comuniques uns días antes da túa visita.
Escríbenos unha mensaxe ao correo: ecovisitas@casagrandexanceda.com, indicándonos os detalles da túa reserva (nome, número de reserva…) e os datos de facturación. Enviarémoscha por correo electrónico o antes posible.


ENTRADAS 

1. Como obteño as miñas entradas?
Unha vez completado o proceso de compra, recibirás un correo electrónico cun código único por cada entrada. Este correo con esta numeración é único e garante que as entradas se obtiveron de forma correcta.

As entradas son válidas unicamente para a data e hora seleccionadas no momento da compra e non se poderán utilizar nunha visita distinta.
A organización resérvase o dereito a anular posibles entradas adquiridas de forma fraudulenta.

2. Canto tardan en chegar as miñas entradas ao correo electrónico?
Unha vez realizada a compra das entradas, enviarase un correo electrónico de forma case inmediata.

3. Perdín ou non recibín o e-mail coas entradas, que fago?
Neste caso non dubides en contactar directamente connosco. Podes facelo a través do número de teléfono 682 867 417 ou do correo electrónico: ecovisitas@casagrandexanceda.com

4. Teño o cargo feito na miña tarxeta pero non recibín as entradas.
En primeiro lugar, debes comprobar que as entradas non che chegasen como “Correo non desexado”, xa que en ocasións algúns dos nosos correos despístanse e van á bandexa de spam.

Se este non é o teu caso, é posible que o correo introducido durante o proceso de compra sexa incorrecto, polo que deberás poñerte en contacto connosco a través do noso correo ecovisitas@casagrandexanceda.com. Así corrixirémolo e poderemos reenviarche as túas entradas.

5. Podo comprar as miñas entradas de maneira presencial?
Sentímolo moOoitísimo, pero as nosas entradas só se poden mercar a través desta páxina web. Así garantimos un sistema ordenado e transparente para a reserva de visitas. Por suposto, se necesitas axuda para realizar a reserva en liña, chámanos, estaremos encantados de axudarche.

6. Debo imprimir o correo electrónico de confirmación das miñas entradas?
Non é necesario que o traias impreso, pero é totalmente imprescindible que o presentes antes da visita, e podes facelo directamente desde o teu móbil.

7. Podo aplicar as promocións despois de comprar as miñas entradas?
Non, sentímolo. Se tes un código de desconto, debes introducilo no momento previo ao pago, na casiña sinalada para ese fin.


CANCELACIÓN OU DEVOLUCIÓN 

1. Acéptanse cancelacións?

Desgraciadamente non podemos reembolsar o importe das entradas xa pagadas, pero se non vas poder vir, podes cancelar directamente a totalidade das túas entradas premendo no botón indicado no correo de confirmación.

Lembra que só existe a opción de cancelar a totalidade das entradas e que, se o fas cun mínimo de 48 horas antes da data da túa visita, recibirás un novo correo electrónico cun código de desconto polo importe equivalente ao 50% da túa compra total. Por exemplo: se compras 4 entradas por un valor de 30€, enviarémosche un código de desconto por valor de 15 €, que poderás trocar facilmente por outra visita á nosa granxa na data dispoñible que mellor che conveña. Para canxealo, segue as instrucións indicadas no propio correo: deberás introducir o código a próxima vez que realices a reserva no apartado de descontos da nosa páxina web. Este código terá un ano de validez, así que, por favor, non esquezas esta cita coas nosas vacas .

MoOoi importante! Lembra que, se non nos avisas da cancelación con 48 horas de antelación, lamentablemente NON se poderá xerar o código de desconto. Sentímolo moitísimo, pero debemos asegurar o bo funcionamento do sistema de reservas e reducir ao máximo o absentismo nas visitas. GRAZAS!

2. Cancelación por causa de forza maior

A organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar a visita por causas de forza maior, seguridade ou benestar animal.

As visitas realízanse, salvo en condicións excepcionais como condicións meteorolóxicas extremas con alertas que impidan realizar actividades no exterior. No caso de cancelación por causas alleas á organización, informarase aos visitantes coa maior brevidade posible. Ademais, ofrecerase unha nova data para realizar a visita ou, no caso de non ser posible, procederase á emisión dun vale para outra ocasión ou o reembolso do importe das entradas, a elixir pola persoa afectada.

 

ECOVISITAS DE GRUPOS
Para a realización de visitas de grupo deben cumplirse os requisitos indicados no apartado de grupos. Son necesarias 20 persoas mínimas para realizar a visita. En caso de cancelacións ou baixas de última hora dos asistentes deben cubrirse esas plazas con outras persoas para garantir a realización da visita.
Lembra que non podemos cancelar a visita e reembolsarche o importe das entradas de grupo xa pagadas. No caso de non asistir o número mínimo de membros do grupo podedes cancelar directamente a totalidade das vosas entradas pulsando no botón que así o indica no teu correo de confirmación.   Lembra que so  hai opción de cancelar a totalidade das entradas e si o facedes cun mínimo de 48 horas de antelación sobre a data da vosa visita recibirás un novo email cun código desconto do importe equivalente ao 50% da túa compra total de grupo. Poderedes usar este código desconto para reservar noutra ocasión unha visita grupal. 
MoOoito ollo¡, trátase dun código dun so uso e a súa validez é dun ano!

 

Tes máis preguntas ou non resolvemos a túa dúbida? Escríbenos unha mensaxe:
ecovisitas@casagrandexanceda.com

 

 

 



 

 

 

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
ecovisitas@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital