O noso iogur ecolóxico con vainilla está elaborado co leite das nosas vacas que saen a pacer todos os días do ano a pradeiras libres de pesticidas, herbicidas ou fertilizantes químicos.

Para a elaboración do noso iogur ecolóxico utilizamos ata dous litros de leite para facer un kilo de iogur, conseguindo unha cremosidade única, 100% natural, sen espesantes, nin leite en po, nin colorantes ou conservantes artificiais. Só leite fresco ecolóxico das nosas vacas, fermentos lácteos, vainilla ecolóxica e moito cariño.
Elaborado con leite 100% ecolóxico, muxido e transformado con cariño en Galicia, España.
Ingredientes - Que levo dentro
Iogur ecolóxico: leite pasteurizado ecolóxico das nosas vacas e fermentos lácteos.
Froita ecolóxica preparada (18%): vainilla ecolóxica, azucre ecolóxico, almidón ecolóxico, algarroba ecolóxica, aroma natural de vainilla, zume de limón ecolóxico.
