Leite ecolóxico de vacas felices que pacen todos os días do ano en pradeiras ecolóxicas libres de pesticidas e abonos químicos, e iso nótase!
Sabías que as nosas pradeiras teñen de media 30 tipos diferentes de herba? Son auténticas reservas de biodiversidade!
360 días de pastoreo
A nosas vacas saen pacer toOodos os días herba ecolóxica (case todos: algunha vez neva ou chove moito e están máis quentiñas nas súas camas de palla). Viven o dobre de anos, dannos a metade de leite, pero é de calidade moOoi alta.
Un proxecto 360º
Coidamos de todo o proceso: dende o prado á mesa. Os becerros nacen e críanse aquí, coidamos as nosas propias pradeiras, non usamos nin pesticidas nin abonos químicos, protexemos a flora e fauna (ata aos lobos!), muximos as vacas, e o leite convertémolo en produtos sanos e moOoi apetitosos.
Transparencia 360º
As nosa granxa ten as portas abertas e recibimos miles de visitantes cada ano.
Elaborado con leite 100% ecolóxico muxido e tranformado con cariño en Galicia, España.
Ingredientes - Que levo dentro:
Leite ecolóxico das nosas vacas semidesnatado UHT.
