O noso Junior ecolóxico con LGG® con amorodos está pensado especialmente para os nenos e por suposto, sen anaquiños! Elaborado co leite das nosas vacas que saen a pacer todos os días do ano a pradeiras libres de pesticidas, herbicidas ou fertilizantes químicos.

Para a elaboración do noso iogur ecolóxico utilizamos ata dous litros de leite para facer un kilo de iogur, conseguindo unha cremosidade única, 100% natural, sen espesantes, nin leite en po, nin colorantes ou conservantes artificiais. Só leite fresco ecolóxico das nosas vacas, fermentos lácteos, amorodos ecolóxicos e moito cariño.
Con suÚuper fermento LGG
Ademais, contén o suÚuper fermento LGG®, que axuda á resposta inmunitaria dos máis cativos, reduce as molestias no tracto respiratorio, as ausencias á clase ou á guarde e é importante para que os dentes medren fooortes! Podes ver máis info sobre este fermento aquí.
Igual de deliciosos pero con menos azucre
Co obxectivo de conseguir un iogur ainda máis sano fumos reducindo o azucre no iogur pouco a pouco nos últimos dous anos, perseguindo o equilibrio ideal: que sea un iogur sano e que estea moOooi rico ;)
Por que utilizamos azúcre ecolóxico de caña?
O azucre utilízase para conservar de forma natural as froitas que engadimos ao iogur en forma de marmelada. Esta é a opción máis natural para que a froita se preserve en contacto co iogur sen estropearse e sen necesidade de engadir conservantes
Elaborado con leite 100% ecolóxico, muxido e tranformado con cariño en Galicia, España.
Ingredientes - Que levo dentro
Leite fermentado ecolóxico: leite pasterizado ecolóxico das nosas vacas e fermentos lácticos.
Froita ecolóxica preparada (20%): amorodos ecológicos, azucre ecolóxico, pectina de frutas, aromas naturais, zume de limón ecolóxico e zume de remolacha ecológica.
Consérvame frío entre 1º e 8º C.
LGG® e o logo LGGTM son marcas rexistradas de Chr. Hansen A/S
