Botella de Ele ou maraca?

27 de Febreiro de 2022

Cotámosche como reutilizar as nosas botelliñas
Agora que chega o Entroido esta é unha manualidade moOoi chula
As nosas botellas de Ele con amorodo e con vainilla poden transformarse nunhas  maracas  chuUulísimas. Contámosche que necesitas:
  • Dúas botellas de  Ele.
  • Cinta adhesiva de cores, adhesivos, rotuladores permanentes ou calquera cousa que se che ocorra para decoralas.
  • Unha pistola de silicona de manualidades ou un pegamento forte
  • Dous pauciños de madeira
  • Arroz
Como facela:
  • Despega as etiquetas das botelliñas (aproveita para ler a historia de Milé e Valentina que está por dentro) e límpaas ben.
  • Fai unha perforación na base da botella do diámetro aproximado do teu pauciño.
  • Decóraas como máis che guste, só hai unha norma: bótalle moOoita imaxinación.
  • Introduce o pau polo buraco e sélao ben con silicona ou pegamento.
  • Abre o tapón, bota dentro arroz e pecha.
Pon un turbante na cabeza, moito ritmo e... a gozar do Entroido!

Se te perdiches nalgún paso podes velo neste vídeo: 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital