Temos un crush!

14 de Febreiro de 2025


Este é o noso manifesto de amor
Recoñecémolo: en Casa Grande de Xanceda estamos que morremos de amor. Por quen? Contámoscho!

Amor natural, amor real

O amor e a natureza medran mellor cando se coidan. Por iso nós coidamos da nosa biodiversidade día a día. Dámoslle á natureza ferramentas para que medre e amose todo o seu potencial: hoteis para paxaros, colmeas, árbores autóctonas, corredores silvestres, etc.

Para producir de maneira responsable no rural, deixámonos guiar polo amor á contorna onde nos ubicamos e, grazas a ese agarimo, en 2022 a administración galega concedéunos o Espazo Natural Protexido para 75 hectáreas da nosa granxa: as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro.

Un flechazo polo pastoreo

No amor tamén é necesario un pouco de rutina e, por iso, as nosas vacas saen pastar 360 días ao ano en pradeiras ecolóxicas libres de herbicidas, pesticidas e fertilizantes químicos.

E, falando das nosas vacas, moUita xente ponlle un alcume cariñoso á persoa que quere. Casa Grande de Xanceda non existiría sen as nosas queridas rumiantes, así que por iso chamámolas raíñas!



As nosas vacas están acompañadas pola patrulla gardavacas: 3 burros e sete mastíns que as protexen do lobo. E hoxe non é un día calquera! É o santo da integrante máis eficaz deste equipazo: a nosa burra Valentina!

Parabéns, Valen!


Namórate do rural (ou no rural)


No team Xanceda somos verdadeiros apaixonados do rural, e iso nótase en todo o que facemos! Desde o prado, pasando pola iogurtería e ata a túa neveira, facemos todo con moUito love.

Como che diciamos, temos un crush e é natuUural: o rural, a natureza e os animais.

Grazas por apostar polos nosos valores cada vez que mercas un vasiño dos nosos lácteos.


Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital