Máis pastoreo e menos postureo!

07 de Agosto de 2024


En Xanceda practicamos o pastoreo rotacional, explicámoscho
As nosas vacas son unhas raíñas e non unhas raíñas calquera, son unhas raíñas do pastoreo! Saen pacer 360 días ao ano e, ademais, dunha forma suúuper planificada. E é que, na granxa, practicamos o "pastoreo rotacional" en ecolóxico. E de que vai iso? Pois é unha técnica de manexo que consiste en levar ás nosas queridas ruminantes a parcelas de pasto diferentes para permitir que as áreas pastoreadas se recuperen antes de seren pastoreadas novamente. Soácheche isto de algo?

Pastoreo rotacional en Casa Grande de Xanceda
 

Seis motivos polos que é moi bo para a natureza

As vacas, co pastoreo rotacional, fan un gran traballo polo medioambiente. Contámoscho:

  1. Captura de carbono: os pastizais ben xestionados actúan como sumidoiros de carbono. O crecemento continuo da vexetación aumenta a cantidade de carbono almacenado nela e no chan.

  2. Mellora da saúde do chan: con este sistema o pasto e outras plantas recupéranse despois de seren pacidos e isto mellora a estrutura do chan porque as raíces das plantas medran máis fortes e fondas e, á súa vez, isto aumenta a capacidade do chan para reter auga e nutrintes.

  3. Aumento da biodiversidade: o pastoreo rotacional beneficia a biodiversidade de plantas nos pastizais, xa que as vacas van movendo sementes dun prado a outro nas súas patas e fociño. Unha das nosas pradeiras contén máis de 30 especies vexetais distintas!

  4. Menos erosión do chan: ao evitar o sobrepastoreo e permitir períodos de descanso para a vexetación, reducimos a erosión do chan. As plantas con raíces máis fortes e a cobertura vexetal axudan a manter o chan no seu lugar e a previr a súa perda pola acción do vento e da auga.

  5. Mellor calidade da auga: ao reducir a erosión e mellorar a estrutura do chan, o pastoreo rotacional diminúe a escorrentía superficial e a contaminación da auga. O chan máis saudable pode filtrar mellor a auga, reducindo a cantidade de sedimentos e nutrientes que chegan aos corpos de auga. Ademais, en zonas moi húmidas, as pegadas das vacas contribúen a crear humidais!

  6. Redución da compactación do chan: o movemento frecuente das nosas raíñas evita que pasen demasiado tempo nunha soa área, o que reduce a compactación do chan. Un chan menos compactado mellora a infiltración de auga e o crecemento das raíces das plantas.

  7. Mellora no control de pragas e parasitos: ao rotar o gando, os ovos dos parasitos eclosionan fóra do alcance das nosas vacas. O pastoreo rotacional é un desparasitante natural!

E é que, as vacas pacendo non son o problema, son parte da solución!

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital