Un festi para os auténticos amantes do rural e o estilo granxeiro!
Atención, familias aventureiras e amantes do rural! Este verán, o equipo de Casa Grande de Xanceda traémosvos un plan diferente, auténtico e 100% rural: o Vacafest 2025. Apunta ben a data: sábado 26 de xullo na nosa granxa. Un festival sen brilli-brilli, sen filtros nin postureos, onde o natural, o divertido e o familiar son os verdadeiros protagonistas.
Si, escoitáchelo ben: os nosos queridos Junior de culler e Ele Casei póñense de gala (ou mellor dito, ¡de granxa!) para convidarte a vivir unha xornada inesquecible no corazón do campo.
Faite coas túas entradas vaca-vip!
Os nosos iogures agochan 100 packs de entradas vaca-vip para 4 persoas. Queres o teu? Pois é moOoi doado. No interior dos nosos iogures Junior de culler e de beber atoparás un QR e un código. Escanea o QR, introduce o código e, ao instante… ¡saberás se che tocou!
Dálle ao play e contámoscho todo!
Actividades para toda a familia
O Vacafest é un festival pensado para gozar cos máis pequenos, cos maiores… e coas vacas máis curiosas! Queres saber o que che agarda?
Desfile vacún: as nosas vacas sacan as súas mellores galas
Xogos tradicionais
MuÚúsica no prado: baila entre flores
Mini-tractores: circuíto para os máis pequenos (e non tan pequenos)
Obradoiros de muxido: ¡convértete en gandeiro por un día!
E moitas, moitas máis sorpresas!
Vémonos o 26 de xullo na granxa!
Pon as botas, prepárate para vivir un festival diferente e ven disfrutar do verán no campo con nós. Porque no Vacafest, a diversión é natuUural.
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815