Buscamos equipos femeninos rurais para participar

05 de Marzo de 2026


Buscamos xogadoras orgullosas da súa terra! Se es unha delas, sigue lendo!
En Galicia hai vacas moOoi felices, iogures que saben a gloria… e mulleres que xogan ao fútbol con todo o corazón, tamén en pobos pequenos e aldeas! E é que en Xanceda témolo claro: as do rural xogan!

Por eso, polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, desde Casa Grande de Xanceda, buscamos 10 equipos femininos para patrocinar na próxima tempada! 

As nosas vacas estanvos buscando!

Na nosos campos xógase con paixón, crécese en equipo e vívese no rural con orgullo. Que buscan as nosas vacas?
Equipos de  mozas xogadoras que:
- Estén orgullosas da súa terra
- Pertenzan a clubes de concellos con menos de 15.000 habitantes. 
- Teñan moOoitas ganas de levar cow print na súa equipación. 

A polo patrocinio 

Se queres participar, es moOoi sinxelo: reúne á túa plantilla e grava un vídeo onde vos divirtades e ensinedes os valores da campaña (contade a vosa historia, facede algo tolo co balón… O que vos faga ilusión e vos represente!). Tedes que convencer ás nosas vacas de que os merecedes ese patrocinio!

Súbeo a httsp://futbolistasdelaleche.com antes do 20 de abril de 2026, a nosa granxa elixirá aos 10 equipos gañadores que levarán un patrocinio completo para a tempada 2026-2027. 

Na casa tamén xogamos con cow print

Nos haría muUucha ilusión veros jugar con nuestras manchas en vuestra equipación; este diseño ya lo estrenaron nuestras vecinas del Abellá  S.D.C y lo lucen con orgullo. Por supuesto, la equipación se adptará a vuestros colores, para que vuestro equipo no pierda su esencia. ¡Contamos con vosotras!  

Faríanos moita ilusión vervos xogar coas nosas manchas no voso equipamento; este deseño xa o estrearon as nosas veciñas do Abellá  S.D.C e lóceno con orgullo. Por suposto o equipamento adaptaríase ás vosas cores, para que o voso equipo non perda a súa esencia. Contamos convosco!         


Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital