Benvido, Kéfir Café!

14 de Maio de 2024


Unha bebida láctea co mellor do café e do kéfir
Se es fan do café, atención! iso interésache, palabra de vaca! Directo da nosa iogurtería chega este novo produto, o Kéfir Café. A enerxía do café e  os beneficios do kéfir xuntos nunha botella, guau!.

É saúdable, ecolóxico, refrescante e, ademais, ideal para levar!. O seu formato permíteche tomalo onde queiras: ready to drink!

O kéfir14, a nosa aposta

O kéfir é unha bebida caucásica moOoi antiga. A palabra turca "kief" quere dicir "sentirse ben". Nós collemos esta tradicional receita e adaptámola á modernidade coa nosa aposta polo kéfir14. 
Gama de kéfires bebibles y de cuchara de Casa Grande de Xanceda

O noso departamento de i+D formulou esta receita con nada máis e nada menos que 14 cultivos vivos moOoi bos para ti e isto crea unha combinación única. E, como non podería ser doutro xeito, 100% Xanceda Style: muUulicioso, saudable e suave (non, o noso kéfir no pica!)

Retámoste a ler, en menos dun minuto, os 14 cultivos:
  • Bifidubacterium infantis
  • Bifidobacterium lactis
  • L. acidophilus
  • L. delbrueckii subsp. lactis
  • L. fermentum
  • L. paracasei
  • L. rhamnosus
  • L. lactis subsp. cremoris
  • L. lactis subsp. lactis
  • L. lactis sub. lactis biovar diacetylactis
  • L. mesenteroides
  • L. pseudomesenteroides
  • S. thermophilus
  • L. delbrueckii subsp. bulgaricus.
O Kéfir Café vén completar a nosa gama na que tamén podes atopar:
  • Kéfir con melocotón e maracuyá
  • Kéfir con froitos vermellos
  • Kéfir con cítricos bebible
  • Kéfir natural, de culler e bebible
  • Kéfir natural desnatado

Un envase feito doutras botellas

As nosas vacas están sempre dando ideas para os nosos envases. Nesta caso, o envase do Kéfir Café (igual que o dos kéfires bebilbes e o ELE) está feito con plástico 100% reciclado doutras botellas que xa cumpriron a súa misión. 

Sabías que o noso vasiño ten a capa de plástico máis fina do mercado grazas a que vai recuberto de cartón? Contámoscho aquí.
Kefir Café Ecológico de Casa Grande de Xanceda


5 beneficios habituais do kéfir probiótico

Se tomas kéfir de xeito habitual:

1. Será un gran aliado para o teu benestar dixestivo
2. Esquécete dos xantares pesados, terás unha mellor dixestión
3. Aporta ao teu organismo miiiiiles de bacterias vivas (das boas, claro!)
4. Séntalle mellor ás persoas ás que a lactosa lles vai regular
5. Faite sentir mellor mentalmente porque, por se non o sabías, no estómago está o noso segundo cerebro!

El kéfir, un producto de Casa Grande de Xanceda beneficioso para ti



 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital