06 de Febreiro de 2020
Iogur ecolóxico Junior con melocotón, cenoria e uvas SEN AZUCRE ENGADIDO
Amplíamos a gama de iogures infantís con esta nova referencia de iogur de culler con froita e verdura, e sen azucre engadido. Unha innovación que combina por primeira vez no mercado español iogur ecolóxico e preparado de froita e verdura ecolóxica sen ningún azucre engadido, nin edulcorantes: só leite, froita e verdura!
É certo que o máis coñecido da nosa granxa e a nosa marca, Casa Grande de Xanceda, son os nosos iogures ecolóxicos de alta calidade elaborados con leite ecolóxico das nosas propias vacas que saen a pacer todos os días.
Dende hai máis de 10 anos innovamos na alimentación ecolóxica infantil e sempre escoitamos moOoi atentamente todas as suxestións que os pais e as nais nos fan chegar. Así paso a paso desenvolvemos toda a nosa gama Junior que agora ampliamos con esta nova referencia.

Empeñados en innovar e desenvolver alternativas saudables, marcámonos como punto inicial para este produto unha premisa moi clara: realizar un iogur con froita pero sen utilizar azucre, e por suposto, sen utilizar ningún tipo de edulcorante químico!.
Así, cunha combinación de zumes de froita e verdura dosificada a un 22% logrouse unha mestura estable e que permite a súa conservación sen a necesidade de azucre nin de ningún tipo de edulcorante. Un desenvolvemento no que a selección da froita foi especialmente importante: pexego, cenoria e uvas. Esta receita de froita e verdura debía ser moi saborosa por si mesma, e ademais ser recomendada e deliciosa para os máis peques. Non leva trociños e pódese tomar dende os nove meses.
Sodes vós, os nosos consumidores os que nos demandais produtos con menos azucre, escoitámosvos e esforzámonos por facer posible vosas demandas. Somos moi conscientes da crecente preocupación do azucre engadido nos alimentos, preocupación á que nos unimos e na que continuamos traballando.
Tanto é así, que, nos últimos dous anos, fomos reducindo moi paulatinamente o azucre de cana ecolóxico engadido, presente no preparado de froita ecolóxica, que levan o resto dos seus iogures ecolóxicos, logrando ata o momento unha redución dun 15% menos de azucre engadido de media.
Nos últimos dous anos reducimos un 15% de media o azucre presente no preparado de froita que levan os nosos iogures.
Ademais, esta non é a primeira referencia sen azucre engadido coa que contamos, as bolsiñas Junior para levar tamén son unha referencia sen azucre engadido.
Gama Bolsiñas de froita e iogur Junior para levar sen azucre engadido.
Estas bolsiñas levan froita e/ou verduras e entre un 20%-25% de iogur ecolóxico. Trátanse de bolsiñas de formato moi cómodo, tipo pouch, onde as froitas e as verduras van cocidas e non necesitan frío.

Este novo lanzamento do iogur Junior con froita e cenoria e sen azucre engadido é un fito para unha pequena compañía iogurteira galega como a nosa.
Casa Grande de Xanceda é unha industria iogurteira pouco común, que está separada apenas uns 10 metros da sala de muxido onde a diario acoden, directamente dos prados nosas 380 vacas.
Casa Grande de Xanceda é unha granxa asentada no concello rural de Mesía, A Coruña e actualmente emprega a 45 persoas da zona. Aquí transformamos o leite das nosas vacas en iogures ecolóxicos de alta calidade, cerrando todo o ciclo: desde o prado á nevera.
Ademais, a principios de ano entrou en vigor a normativa sobre a comunicación no envase da orixe do leite, e isto para nós é fundamental! Cremos que o consumidor, cada vez máis, vai valorar a procedencia dos alimentos que consome e neste sentido podemos dicir con orgullo que todos os nosos iogures están elaborados con 100% leite bio de GALICIA.
Somos unha granxa ecolóxica na que coidamos 380 vacas que saen a pacer a diario e elaboramos iogur ecolóxico só con leite 100% ecolóxica e de Galicia!
