VERANO

Duración

2:00 h.

Calificación
Todos os públicos
Visita a la sala de ordeño
Visita á sala de muxido
Visita a la fábrica de yogur
Visita á fábrica de iogur
Visita á minicorte
Visita á minicorte
Taller de manualidades
Taller de manualidades

Tes algunha dúbida ou problema para reservar?

Escribe a ecovisitas@casagrandexanceda.com ou chama ao teléfono 682 867 417

*É imprescindible reservar e recoméndase facelo con tempo!

VERANO


Participa nunha ecovisita guiada a nosa granxa e... sorprenderémoste coa nosa decoración de verán! 

 

Natureza, verán, animais, diversión e... só faltas ti para coñercer a nosa granxa ecolóxica e as 300 reinas do pastoreo: as vacas! Durante este percorrido de verán tamén aprenderás os principios da agricultura eco, verás como funciona a nosa granxa e poderás saudar a toOodos os nosos peludos. Unha experiencia perfecta para toda a familia na que desfrutarás da nosa granxa eco e de tódolos seus rincóns e decorados cun style 100% de verán.

 

Recorda que para esta visita non fai falta ser un mínimo de persoas pero debes facer a reserva a través desta web. SÓ SE ADMITEN RESERVAS ONLINE.

 

Duración da visita: visita guiada (2 horas aproximadamente) + degustación de produtos eco (30 minutos) + tempo para desfrutar no noso ecoparque.


Entrada:  7,50€/persoa. Entrada gratuita para menores de 2 anos. 


Como é a visita?

A nosa visita Especial Verán está pensada para realizar en familia ou nun grupo de amigos. As nosas vacas están convencidas de que, tanto adultos como peques, pasaredes unha tarde do máis divertida rodeados de natureza, descubrindo aos nosos animais e desfrutando dun entorno único cheo de moitos rincóns especias. Aquí, poderás consultar en detalle toOodas as paradas do recorrido guiado:

 

  • Visita ás cortes das vacas e á Mini Corte. Os máis peques poderán demostrar as súas dotes granxeiras dándolle o bibe aos becerriños. Prometémosche que peques e becerros quedarán encantados. 
  • Visitaremos o establo das vacas. Aquí poderás coñecer as nosas raíñas de cerca e os máis peques poderán acercarlles a súa muUuliciosa ración diaria de millo eco. Toca traballar con cepillos, palas e moOoita man dereita!
  • Visita á sala de muxido: poderás ver a sala de muxido en funcionamento, todo un espectáculo! Verás de novo moOoitas vacas que despois irán pastar aos prados. Debes saber que nas visitas de antes das 16:00h non poderemos ver o muxido en directo porque as nosas vacas aínda se atopan nos prados pero, no seu lugar, visualizaremos un vídeo do proceso e practicaremos o muxido coa nosa "vaca interactiva" Rosalía. Sen dúbida, serán unhas suÚuper prácticas granxeiras! ​​​
  • Visita a Eco Horta e ó Eco Zoo.  É hora de merendar e toca darlle de comer ós nosos ponis, cabras, ovellas, coellos, porcos e outros animais da granxa. Farédesvos grandes amigos dos peludos!
  • Coñeceremos onde viven as abellas de Xanceda. Descubriremos o importante que son as abellas para o medio ambiente e en especial para a agricultura ecolóxica. Sabías que temos máis de un millón de abellas?
  • Explicaremos como funciona o noso Obradoiro de Iogur, lugar onde se elaboran os nosos iogures ecolóxicos e tamén visitaremos a Cava de Queixos.
  • Visita á Casa Grande de Xanceda, unha casa do século XVIII onde finalizaremos a visita degustando o noso produto estrela: o iogur. Tamén probaremos outros produtos eco que elaboramos na nosa granxa con moOoito mimo e paixón polas cousas ben feitas. 
  • Despois da visita, e se o noso querido tempo galego o permite, as crianzas poderán xogar no noso ecoparque, pilotando tractores e escalando as pacas de palla! pero para que o pasen en grande e sen ningún susto este é o ingredente segredo: estar sempre supervisados por un adulto.
  • En agosto e setembro, se os vermes e pragas nolo permiten, esperamos contar cun novo ecolabirinto de millo nunha das nosas fincas. Neste caso, en agosto e setembro tras finalizar a visita e repoñer forzas coa degustación, poderás adentrarte no noso labirinto de millo ecolóxico e vivir unha auténtica aventura!

 

A TER EN CONTA:

  •  Poida que pasemos por zonas da granxa con presencia de abellas. Se es alérxico debes avisarnos ao inicio da visita e o máis apropiado é traer os antihistamínicos recomendados polo teu alergólogo.
  • Os cans da nosa granxa son moOoi territoriais polo que vos pedimos que deixedes os vosos peludos na casa e non os traiades á granxa!

 

Grazas pola vosa comprensión!

As nosas vacas e demais peludos agárdanvos con moOoitas ganas!

prev
next
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
ecovisitas@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital