Escribe a ecovisitas@casagrandexanceda.com ou chama ao teléfono 682 867 417
*É imprescindible reservar e recoméndase facelo con tempo!
Disfruta dunha visita terrorifícamente divertida a nosa granxa!
Aquí, coñocerás a nosa granxa ecolóxica e as 300 raíñas do pastoreo, as vacas! Por suposto, durante o percorrido, tamén aprenderás os principios da agricultura ecolóxica e verás como funciona a nosa granxa cunha decoración de medo! Non te asustes se ves algunha pantasma ou bruxa... Xa sabes como din: habelas, hainas! E recorda meterte no papel. Se ves disfrazado, será moOoito máis divertido!
Nesta visita non fai falta ser un mínimo de personas pero debes facer a reserva a través desta web. SOLO SE ADMITEN RESERVAS ONLINE
Duración da visita: visita guiada (2 horas aproximadamente) + degustación de produtos eco (30 minutos) + tempo para desfrutar no noso ecoparque.
Entrada: 7,50€/persona. Entrada gratuita para menores de 2 anos.
Como é a visita?
A nosa visita Especial Samaín está pensada para realizar en familia, tanto adultos como peques. Durante a visita faremos un divertido percorrido guiado por toda a granxa para detectar se hai boas bruxas ou bruxos entre os nosos visitantes. Prepárate para a aventura e coñece toOodas as paradas do percorrido guiado!
E... recorda! Vir con roupa e calzado adecuado! Chuvasqueiro e botas de auga son o outfit perfecto! pero se non tes non debes preocuparte! Simplemente acordate de traer roupa e calzado de resposto.
**Os cans da nosa granxa son moOoi territoriais polo que vos pedimos que deixedes os vosos peludos na casa e non os traiades á granxa!
Grazas pola vosa comprensión!
As nosas vacas e demais peludos agárdanvos con moOoitas ganas!
