Tes algunha dúbida ou problema para reservar?
Escribe a ecovisitas@casagrandexanceda.com ou chama ao teléfono 682 867 417
*É imprescindible reservar e recoméndase facelo con tempo!
RUTA VERMUúU
Ven a unha ecovisita suÚuper especial deseñada só para adultos, ¡unha actividade exclusiva para maiores de 18 anos! Trátase dunha ruta pola granxa e o seu entorno durante a cal poderás coñecer o noso proxecto, saudar as nosas vacas e visitar marabillosos paraxes á vez que desfrutas dun paseo e varias paradas con aperitivo ecolóxico incluido. É unha ruta de disfrute para a vista e para o padal!
Recorda que para esta visita non fai falta ser un mínimo de personas pero debes facer a reserva a través desta web. SÓ SE ADMITEN RESERVAS ONLINE
Duración da visita: A a visita guiada dura 2h e inclúe varias catas de produtos ecolóxicos duranto o percorrido. Poderá realizarse en horario de mañá ou tarde.
Entrada: 12€/persona. Lembra que que é unha actividade só para maiores de idade.
Como é a visita?
A nosa visita Especial Ruta VermuÚu está pensada para adultos. Trátase dun percorrido guiado moOoi ameno no que visitarás parate das instalacións e explicarémosche o funcionamento da nosa granxa ecolóxica. Poderás coñecer de cerca as nosas vacas, descubrir a nosa historia e o noso proxecto á vez que desfurtas dos nosos queixos, marmeladas e outros produtos eco maridados con viño e vermouth ecolóxico. Un paseo relaxante e muUulicioso! Contámoche, en detalle tódalas paradas da visita:
- Visitaremos o Mini Establo dos becerriños. Saudaremos aos becerros que vos recibirán con moOoitos vacabicos.
- Visión 360º na nosa granxa. Terás unha visión xeral da nosa granxa e poderás coñecer o noso proxecto 360º xa que en Xanceda conseguimos pechar o ciclo!
- Explicación sobre o taller de iogur. Nunha sala paralela a nosa iogurtería descubriredes o proceso de elaboración dos nosos iogures eco.
- Coñeceredes o noso Espazo Natural Protexido. Pasearemos polo entorno da nosa granxa visitando zonas que pertencen ao noso Espazo Natural Protexido, Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro. Un paseo moOoi natural! Ten en conta que non é un recorrido apto para personas con mobilidade reducida. Se é o teu caso ponte en contacto con nós e informarémoste doutros plans que che podemos ofrecer na granxa.
- Paradas con degustación de produtos eco. Mentres desfrutades da paisaxe poderedes saborear diferentes produtos ecolóxicos maridados con bebida eco: kéfir bebible, Kombuxa, viño e vermouth.
- Tempo para o teu mellor selfie. Podes aproveitar para sacar fotos ou selfies en compañía das nosas vacas ou en plena natureza. Non hai mellor recordo desta experiencia.
A TER EN CONTA:
- Vén con roupa e calzado adecuado (tipo botas ou deportivos resistentes) para realizar un percorrido de aproximadamente 2km polo entorno da granxa.
- O percorrido da visita pode verse lixeiramente modificado durante o inverno en caso de que a climatoloxía non acompañe.
- As mascotas encántannos pero os nosos mastíns son moOoi territoriais polo que vos pedimos que deixedes aos vosos peludos na casa e non os traiades á granxa.
Grazas pola vosa comprensión!
As nosas vacas e demais peludos agárdanvos con moOoitas ganas!