Escribe a ecovisitas@casagrandexanceda.com ou chama ao teléfono 682 867 417
*É imprescindible reservar e recoméndase facelo con tempo!
Goza dunha ecovisita guiada a nosa granxa!
Aquí, coñecerás a nosa granxa ecolóxica e as 300 raíñas do pastoreo, as nosas vacas! Por suposto, durante o percorrido, tamén descubrirás os principios da agricultura ecolóxica e que hai detrás dos nosos iogures eco.
Lembra que debes reservar a túa praza previamente a través do calendario, AS NOSAS VACAS SÓ ADMITEN RESERVAS ONLINE!
Duración da visita: visita guiada (1 hora e 30 minutos) + degustación de produtos eco (30 minutos) + tempo para desfrutar no noso ecoparque.
Entrada: 7€/persona. Entrada gratuita para menores de 2 anos.
Como é a visita?
A nosa visita estándar é ideal para familias, grupos de amizades.... Realizamos un divertido recorrido guiado por toda a granxa para coñecer todo o proceso de elaboración dos nosos iogures, desde os prados ata a neveira! Realizando varias paradas do máis interactivas e divertidas:
Visitaremos a Mini Corte de becerriños. Os máis pequenos poderán darlle o biberón aos nosos becerros, a actividade favorita dos nenos e vaquiñas! E se algún adulto se anima tamén, claro!
Visitaremos o establo das vacas adultas. Visitaremos o establo das vacas. Aquí poderás coñecer as nosas raíñas de preto e os máis peques poderán acercarlle a súa muUuliciosa ración de comida eco. Toca traballar con cepillos, palas e moOoita man dereita!
Coñeceremos de preto a sala de muxido. Poderás ver a sala de muxido en funcionamento, todo un espectáculo! e coñecer moi de preto as nosas vacas, xa que despois irán pastar ós prados. Nas visitas con horario de inicio anterior ás 16:00 h non podemos ver o muxido en directo porque as nosas vacas atópanse aínda nos prados, pero practicaremos a muxidura na nosa "vaca interactiva" Rosalía. Serán unhas suÚuper prácticas de granxeiro!
Adoramos os peludos, pero na granxa non podemos recibir ao teu canciño, sentímolo! Os nosos mastíns vixiantes son moi territoriais e póñense nerviosos con novas visitas caninas. Grazas pola túa comprensión!
As nosas vacas e demais peludos agárdanvos con moOoitas ganas!
