ESPECIAL OUTONO

Duración

2:00 h.

Calificación
Todos os públicos
Visita a la sala de ordeño
Visita á sala de muxido
Visita a la fábrica de yogur
Visita á fábrica de iogur
Visita á minicorte
Visita á minicorte

Tes algunha dúbida ou problema para reservar?

Escribe a ecovisitas@casagrandexanceda.com ou chama ao teléfono 682 867 417

*É imprescindible reservar e recoméndase facelo con tempo!

ESPECIAL OUTONO


Disfruta dunha  visita guiada a nosa granxa! 

Aquí, coñocerás  a nosa granxa ecolóxica e as 300 raíñas do pastoreo, as vacas! Por suposto, durante o percorrido, aprenderás os principios da agricultura eco, verás como funciona a nosa granxa e tamén poderás realizar un taller de plantación.

Recorda que para esta visita non fai falta ser un mínimo de personas pero debes facer a reserva a través desta web. SOLO SE ADMITEN RESERVAS ONLINE

 

Duración da visita: visita guiada (2 horas aproximadamente) + degustación de produtos eco (30 minutos) + tempo para desfrutar no noso ecoparque.


Entrada:  7,50€/persona. Entrada gratuita para menores de 2 anos. 


Como é a visita?

A nosa visita Especial Primavera está pensada para realizar en familia, tanto adultos como peques. Durante a visita faremos un divertido percorrido guiado por toda a granxa coñecedo de cerca a toOodos os nosos peludos, vacas incluidas, claro! Darémoslle de comer aos nosos animais e ademais, se a climatoloxía o permite plantaremos unha árbore ou do contrario, faremos unha actividade de outono suÚuper divertida e didáctica. Aquí, podes consultar en detalle toOodas as paradas do percorrido guiado:

 

  • Visita ás cortes das vacas e á Mini Corte. Os máis peques poderán darlle o biberón aos becerros, a actividade favorita das crianzas e dos becerriños. Bueno e se algún adulto se anima tamén, claro!
  • Visita a sala de muxido: poderás ver a sala de muxido en funcionamiento, todo un espectáculo! e coñecer moi de preto as nosas vacas que despois irán pastar aos prados. Debes saber que nas visitas de antes das 16:00h non poderemos ver o muxido en directo porque as nosas vacas aínda se atopan nos prados pero, no seu lugar, visualizaremos un vídeo do proceso e practicaremos o muxido coa nosa "vaca interactiva" Rosalía. Se dúbida, serán unhas suÚuper prácticas de granxeiro! ​​​
  • Visita a Eco Horta e ao EcoZoo.  Aquí os máis peques poderán darlle de comer ós nosos ponis, cabras, ovellas, coellos e outros animais de granxa. Unha actividades suÚuper emocionante.​
  • Coñeceremos onde viven as abellas de Xanceda (tranquilo, farémolo desde unha distancia prudente!), e tamén poderedes descubrir o importante que son estes pequenos insectos para o medio ambiente!
  • Explicaremos como funciona o noso Obradoiro de Iogur, onde se elaboran os nosos iogures ecolóxicos e visitaremos a Cava de Queixos.
  • Visita á Casa Grande de Xanceda, unha casa do século XVIII onde finalizaremos a visita degustando algúns dos produtos que elaboramos na nosa granxa, muUulciosamente irresistibles! e outros produtos ecolóxicos. 
  • Despois da visita, e se o noso querido tempo galego o permite, as crianzas poderán xogar no noso ecoparque, e pilotar pequenos tractores!

 

E... recorda! Vir con roupa e calzado adecuado é moOoi importante! Chuvasqueiro e botas de auga son o outfit perfecto! pero se non tes non debes preocuparte! Simplemente acordate de traer roupa e calzado de resposto.

 

**Os cans da nosa granxa son moOoi territoriais polo que vos pedimos que deixedes os vosos peludos na casa e non os traiades á granxa!

 

Grazas pola vosa comprensión!

As nosas vacas e demais peludos agárdanvos con moOoitas ganas!

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
ecovisitas@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital