ESPECIAL NADAL

Duración

2:00 h.

Calificación
Todos os públicos
Visita a la sala de ordeño
Visita á sala de muxido
Visita a la fábrica de yogur
Visita á fábrica de iogur
Visita á minicorte
Visita á minicorte
Taller de manualidades
Taller de manualidades

Tes algunha dúbida ou problema para reservar?

Escribe a ecovisitas@casagrandexanceda.com ou chama ao teléfono 682 867 417

*É imprescindible reservar e recoméndase facelo con tempo!

ESPECIAL NADAL


Ho, ho, ho! Desfruta dunha ecovisita de Nadal a nosa granxa! 

Vén desfrutar da maxia do Nadal na nosa granxa cunha decoración chea de renos, elfos e ata o Apalpador te está esperando! Aquí, coñocerás  a nosa granxa ecolóxica e as 300 raíñas do pastoreo, as vacas! Por suposto, durante o percorrido, tamén aprenderás os principios da agricultura ecolóxica e verás como funciona a nosa granxa cunha decoración de Nadal chea de luces, maxia e moOoita creatividade.

Recorda que para esta visita non fai falta ser un mínimo de personas pero debes facer a reserva a través desta web. SOLO SE ADMITEN RESERVAS ONLINE

 

Duración da visita: visita guiada (2 horas aproximadamente) + degustación de produtos eco (30 minutos) + tempo para desfrutar no noso ecoparque.


Entrada:  7,50€/persona. Entrada gratuita para menores de 2 anos. 


Como é a visita?

A nosa visita Especial de Nadal está pensada para realizar en familia, tanto adultos como peques. Durante a visita faremos un divertido percorrido guiado por toda a granxa. Estas son toOodas as paradas:

 

  • Visitamos as cortes das vacas e a Mini Corte. Os máis peques poderán darlle o biberón aos becerros, a actividade favorita das crianzas e dos becerriños. E se algún adulto se anima tamén, claro está!
  • Coñecemos de preto  a sala de muxido: poderás ver a sala de muxido en funcionamiento, todo un espectáculo! e coñecer moi de preto as nosas vacas que despois irán pastar aos prados. Debes saber que nas visitas de antes das 16:00h non poderemos ver o muxido en directo porque as nosas vacas aínda se atopan nos prados pero, no seu lugar, visualizaremos un vídeo do proceso e practicaremos o muxido coa nosa "vaca interactiva" Rosalía. Se dúbida, serán unhas suÚuper prácticas de granxeiro! ​​​
  • Visitamos a Eco Horta e o Eco Zoo.  Aquí os máis peques poderán darlle de comer ós nosos ponis, cabras, ovellas, coellos e outros animais de granxa. Unha actividades suÚuper emocionante.​
  • Coñeceremos onde viven as abellas de Xanceda (tranquilo, farémolo desde unha distancia prudente!), e tamén poderedes descubrir o importante que son estes pequenos insectos para o medio ambiente!
  • Realizamos un pequeno obradoiro ou actividade de Nadal en familia.
  • Explicamos como funciona o noso Obradoiro de Iogur, onde se elaboran os nosos iogures ecolóxicos e vemos de preto a Cava de Queixos.
  • Finalizamos cunha muUuliciosa degustación de produtos ecolóxicos e para os días máis fríos... chocolate quentiño!

 

E... recorda! Vir con roupa e calzado adecuado é moOoi importante: chuvasqueiro e botas de auga son o outfit perfecto! pero se non tes non debes preocuparte! Simplemente acordate de traer roupa e calzado de resposto.

 

**Os cans da nosa granxa son moOoi territoriais polo que vos pedimos que deixedes ós vosos peludos na casa e non os traiades á granxa!

 

Grazas pola vosa comprensión!

As nosas vacas e demais peludos agárdanvos con moOoitas ganas!

prev
next
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
ecovisitas@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital