VERÁN

Duración

02:30 h.

Calificación
Todos os públicos
Visita a la sala de ordeño
Visita á sala de muxido
Visita a la fábrica de yogur
Visita á fábrica de iogur
Visita á minicorte
Visita á minicorte
Excursión por los prados de nuestras vacas
Excursión polos prados das nosas vacas

Tes algunha dúbida ou problema para reservar?

Escribe a ecovisitas@casagrandexanceda.com ou chama ao teléfono 682 867 417

*É imprescindible reservar e recoméndase facelo con tempo!

VERÁN


Participa nunha ecovisita grupal á nosa granxa e déixate sorprender pola nosa decoración de verán!

Poderedes descubrir os segredos da agricultura ecolóxica e  coñecer de preto as nosas 300 raíñas e todos os seus compis peludos. Ademais, nesta ocasión a granxa lucirá co seu look máis veraniego, non vos vaiades sen a vosa foto grupal!

Visita grupal para un mínimo de 20 e un máximo de 25 persoas. SÓ RESERVAS ONLINE

Duración da visita: visita guiada (2 horas aproximadamente) + degustación de produtos eco (30 minutos) + tempo para desfrutar no noso ecoparque.
Entrada: 7,50 €/persoa. Entrada gratuíta para menores de 2 anos.

Como é a ecovisita?

A nosa ecovisita Especial Verán está pensada para realizar en grupo, tanto adultos como peques. Durante a visita faremos un divertido percorrido guiado por toda a granxa, coñecendo de preto a toOodos os nosos peludos, ¡vacas incluídas, claro! Darémoslles de comer aos nosos animais e poderedes desfrutar da decoración de verán. Aquí podedes consultar en detalle toOodas as paradas do percorrido:

  • Visitaremos os establos das vacas e o Mini Corte. Os máis pequenos poderán darlles o biberón aos becerriños, esta é a actividade favorita de nenos e tenreiros! Bueno, e se algún adulto se anima tamén, ¡claro!
  • Visitaremos a sala de muxido: poderedes ver a sala de muxido en funcionamento, todo un espectáculo! Aquí coñeceredes de preto ás nosas vacas, que logo irán pasar o día aos prados. Debedes saber que nas visitas antes das 16:00h non poderemos ver o muxido en directo porque as nosas vacas aínda están nos prados, pero no seu lugar veremos un vídeo do proceso e practicaremos o muxido coa nosa “vaca interactiva” Rosalía, 100% granxeiros!
  • Visitaremos a Eco Horta e o EcoZoo. Aquí nenos e maiores poderán darlles de comer a pôneis, cabras, ovellas... e outros animais da granxa. ¡Unha actividade suuUuper emocionante!
  • Coñeceremos onde viven as abellas de Xanceda (¡calma!, farémolo desde unha distancia prudente) e descubriremos o importantes que son para o medioambiente.
  • Explicaremos como funciona o noso Obradoiro de Iogur, onde se elaboran os nosos iogures ecolóxicos, e coñeceremos a Cava de Queixos.
  • Visitaremos a Casa Grande de Xanceda, unha casa do século XVIII onde remataremos a visita degustando algúns dos produtos que elaboramos na nosa granxa, ¡muUuliciosamente irresistibles! ¡No verán toca probar o noso xeado ecolóxico!
  • Se na data da túa visita xa dispoñemos do noso ecolaberinto de millo poderás acceder a este ao finalizar a visita. En agosto e setembro esperamos contar cun novo ecolabirinto , se os vermes o permiten! Nese caso, ao finalizar a túa visita e tras repoñer forzas poderás adentrarte nel e vivir unha auténtica aventura!  

  • Despois da visita, e se o noso querido tempo galego nolo permite, os peques poderán xogar no noso ecoparque, con circuíto de tractores e todo! Lembra que os peques sempre deben estar supervisados por adultos na granxa, de non ser así serán doados ao circo!

Contamos con adorables mastíns vixiantes cun comportamento moi territorial que nos impide poder recibir a outros peludos na nosa granxa, sentímolo! Grazas pola túa comprensión!

As nosas vacas e demais peludos agárdanvos con moOoitas ganas! 

prev
next
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
ecovisitas@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital