Tes algunha dúbida ou problema para reservar?
Escribe a ecovisitas@casagrandexanceda.com ou chama ao teléfono 682 867 417
*É imprescindible reservar e recoméndase facelo con tempo!
ESTÁNDAR
Goza dunha ecovisita guiada á nosa granxa!
Poderedes coñecer ás 300 protagonistas da nosa granxa e raíñas do pastoreo, as vacas! Por suposto, durante o percorrido tamén descubriredes os principios da agricultura ecolóxica e que hai detrás dos nosos iogures eco. Probalos ao final da visita… é obrigatorio!
Lembra que debedes reservar data no calendario. AS NOSAS VACAS SÓ ADMITEN RESERVAS ONLINE!
Duración da visita: visita guiada (1 hora e 30 minutos) + degustación de produtos eco (30 minutos) + tempo para gozar no noso ecoparque.
Entrada: 7 €/persoa. Entrada gratuíta para menores de 2 anos.
Como é a visita?
A nosa ecovisita estándar é ideal para grupos de todo tipo, realizamos un divertido percorrido guiado por toda a granxa para coñecer todo o proceso de elaboración dos nosos iogures, desde os prados ata a neveira! Facemos varias paradas do máis interactivas e molonas:
- Visitamos a Mini Corte de becerriños. Os máis pequenos poderán darlles o biberón aos nosos tenreiros, ¡a actividade favorita de nenos e vaquiñas! E se algún adulto se anima tamén, claro!
- Coñecemos a sala de muxido. Poderás vela en funcionamento, todo un espectáculo! Aquí coñecerás de preto ás nosas vacas, que despois marcharán pasar o día aos prados. Nas visitas con horario de inicio anterior ás 16:00 h non poderemos ver o muxido en directo porque as vacas aínda estarán nos prados, pero no seu lugar veremos un vídeo do proceso e practicaremos o muxido coa nosa “vaca interactiva” Rosalía, toda unha experiencia granxeira!
- Explicamos como funciona o noso Obradoiro de Iogur, onde se elaboran os nosos iogures ecolóxicos, e tamén observamos a Cava de Queixos, que rico!
- Visitamos a Eco Horta e o EcoZoo. Aquí os nenos poderán dar de comer aos nosos gordiños ponis, cabras, ovellas, coellos e outros animais da granxa. Unha actividade suuuper emocionante!
- Observamos as casas niño e as colmeas de Xanceda (farémolo desde unha distancia prudente!) e descubriremos o importantes que son todas as especies para o medio ambiente.
- Paramos na Casa Grande de Xanceda, unha casa do século XVIII onde finalizaremos a visita degustando algúns dos produtos que elaboramos na nosa granxa e outros produtos ecolóxicos. ¡MuUuliciosos!
- Despois da visita, e se o noso querido tempo galego o permite, os nenos poderán xogar no noso ecoparque sempre supervisados por un adulto, con circuíto de tractores e todo! Lembra que os peques sempre deben estar supervisados por adultos na granxa, de non ser así serán doados ao circo!
Encántannos os peludos, pero na granxa non podemos recibir ao teu can, sentímolo! Os nosos mastíns vixiantes son moi territoriais e póñense nerviosos con novas visitas caninas. Grazas pola túa comprensión!
¡As nosas vacas e demais peludos agárdanvos con moOoitas ganas! ??