Somos unha granxa ecolóxica e inclusiva, as nosas vacas están empeñadas en que ninguén perda de coñecelas e tamén que todo o mundo poda gozar dunha experiencia moOoi granxeira! Por iso ofrecemos ecovisitas mooOoi especiais pensadas para entidades e colectivos de carácter social: personas con discapacidade, colectivos en risco de exclusión social ou calquer grupo con necesidades especiais.
O contacto coa natureza e os animais ten efectos moi positivos, e incluso terapéuticos e gústanos botar unha pata! Por iso realizamos 2 visitas solidarias ao mes totalmente gratuitas para colectivos deste tipo. Solicita la túa para non quedarte sin ela!
Si aínda tes dúbidas, escríbenos a ecovisitas@casagrandexanceda.com e contestarémosche o antes posible.
Escríbenos a: ecovisitas@casagrandexanceda.com ou chámanos ao 682 867 417
