Necesita el Flash Player y activar Javascript.

O noso Compromiso Social Corporativo é moi importante

Aínda que somos unha granxa familiar pequena dámoslle moita importancia á responsabilidade social e por iso participamos en moitas accións sociais, aquí podes atopar as máis relevantes!
 


Iogures que fomentan a adopción
Poñémolle cara aos invisibles

Nesta campaña solidaria (2017) os protagonistas dos nosos iogures non son as nosas vaquiñas, senón oito simpáticos cans sen fogar que viven temporalmente en protectoras e que precisan unha familia.

Os nosos iogures levan orgullosamente a foto destos simpáticos peludos que buscan familia a todas as tendas, coa esperanza de que alguén se fixe neles ¡e os adopte!
Ademais teñen un mensaxe, queren demostrarche que non son só cans abandonados senón que poden chegar a ser o teu compañeiro de xogos, a raíña da túa casa, ou mesmo ¡osuperheroe dos teus fillos!
Fai click nas fotos para saber máis sobre cada uno deles:



Click aquí para saber máis sobre Diego




Click aquí para saber máis sobre Pipa


 

Adopta a Roko
Click aquí para saber máis sobre Roko



Click aquí para saber máis sobre Safira



Click aquí para saber máis sobre Guismo




Click aquí para saber máis sobre Bertram


Adopta a Meli
Click aquí para saber máis sobre Meli


Adopta a Dylan
Click aquí para saber máis sobre Dylan



Con este proxecto buscamos poñerlle cara aos invisibles e sempre olvidados cans abandonados, co obxectivo de fomentar a adopción e loitar contra o abandono de animais. Cada un destos simpáticos peludos teñen moOoito que ofrecer e merecen ser felices.
Afortunadamente, agora están sendo coidados por voluntarios nas súas respectivas protectoras, pero o que necesitan é unha familia responsable que os queira, en tueligesquiensoy.com podes atopar toda a información precisa para adoptarlos.

Se estás desexando adoptar un animal, e estas protectoras non están cerca, seguro que podes atopar algunha outra onde tamén hai peludos que necesitan unha segunda oportunidade, consulta este enlace.


¡¡En España abandónanse 16¡ cans ou gatos cada hora!!
Esta é a dramática situación dos animais en España: abandónanse cada hora 16 cans ou gatos ( 15.08.2015, 20 minutos), polo que España é o país que máis abandona de Europa (10/07/2014, la vanguardia), ¡un primeiro posto do que a ninguén lle gusta presumir !!
En 2016 foron abandonados máis de 137.000 cans e gatos en España (Fundación Affinity,  Infografía Estudio de Abandono y Adopción 2016 ), e en Galicia segue crecendo este número (14/12/2014, Europa Press)


¿Que é o que podes facer ti?
Difunde esta realidade – ¡seguro que coñeces a alguén que está desexando adoptar un peludo!
Adopta - ¡non compres!
Esteriliza ao teu can ou gato - evita camadas indesexadas
Identifica o teu animal– así poderá ser localizada en caso de perdida!
Faite socio ou voluntario de algunha entidade protectora

Educando en valores
Non só temos que conseguir casa para os cans sen fogar de hoxe, senón que temos que educar para que mañá no existan cans abandonados. Por iso puxemos en marcha tamén un programa de educación nas escolas, ao que lle chamamos, "Educando con Malibú".

Malibú é unha cadeliña que foi víctima do abandono (coñece aquí a súa historia) , agora é parte da nosa familia e converteuse en profesora. Malibú visita os colexios de primaria para educar no respecto aos animais. É unha formación gratuíta, se queres que Malibú visite o voso colexio, ¡só tes que invitara!

¡INVITA A MALIBÚ AO TEU COLE!


Esta formación nas aulas está dirixida a todos os alumnos de primaria (dende primeiro a sexto) co el obxectivo de fomentar valores de solidaridade y tenencia responsable de animais, axudando a crear así unha sociedade máis respetuosa cos animais e máis solidaria. É unha formación moOoi entretida, este é un trociño da clase con Malibú


Estamos seguros de que os cans van a ter, entre os máis pequenos, uns grandes aliados e defensores. Por iso consideramos especialmente interesante e primordial falar cos nenos, para que este verán sexan directamente os vixilantes dos seus animais, e tamén acaden maior conciencia sobre a realidade do abandono.
Esta é unha inciativa de responsabilidade social de Casa Grande de Xanceda.

Durante 2017 o programa "Educando con Malibú" chegou a moOoitos centros educativos e a máis de 1200 alumnos/as da provincia de A Coruña.



"Cultiva mazás" é un proxecto que pretende fomentar o emprendemento no rural para combatir a gran despoboación que está a sufrir o rural en GaliciaEn concreto Mesía foi o concello con menos nacementos da comarca de Ordes no 2014 (Metropolitano, 2014), é unha proba da urxente axuda que necesita o rural para sobrevivir!

CULTIVA MAZÁS (Edición 2016)

Neste proxecto os estudantes de 3º de ESO do colexio CPI de Xanceda, embarcaronse nunha aventura na que localizaron e desenvolveron ideas radicalmente orixinais e con futuro no rural! 
Estiveron moOoi ben acompañados e asesorados por emprendores que decidiron apostar polo emprendemento no rural. 
Contamos con Elena Ferro de Eferro e con Germán García de Cortes de Muar que compartiron a súa experiencia de emprendemento cos participantes, tamén visitaron Pazo Vilane e Casa Grande de Xanceda, para coñecer estas experiencias en situ. 
Ó longo de 3 meses os participantes realizaron proxectos en grupo asesorados por expertos emprendedores. Ó final desta experiencia cada grupo presentou os seus traballos, ante un xurado composto polos colaboradores, que escolleron o proxecto gañador, o máis orixinal, completo e tamén viable!

Resumo de Cultiva Mazas 2016:


O esforzo ten a súa recompensa, por iso entregamos uns fantásticos premios! 

Premio ó mellor traballo : Estancia dunha semana no CAMPUS PROMETE de Madrid, un campus que axuda a desenvolver habilidades persoais e vocacionais, potenciando a creatividade e a innovación. Unha experiencia transformadora ideal para culminar proxecto de Cultiva Mazás.
 

Premio especial ó esforzo e creatividade: 
porque o esforzo e a creatividade tamén merece un premio especial, escollido nun taller de tecnoloxía e programación que ocupará as mañás de cinco días, ónde a mocidade poderá comprender o funcionamento das novas tecnoloxías, imparteo M8factorial en A Coruña 

Premio para todos os participantes : Excursión a un parque de aventuras, para pasalo en grande facendo canoa, tiro con arco... 
 


Para loitar contra a horrible realidade do abandono dos animais, doamos 0,20€ de cada entrada das visitas guiadas a Casa Grande de Xanceda para apoiar a proxectos que promoven a tenencia responsable de animais, o fomento das adopcións e a loita contra o abandono. Esta é a lista das últimas donacións:

Donación anual a proxectos que loitan contra o abandono dos animais
Xaneiro 2016 Donación de 1000€  Asociación de amigos da canceira de Ordes Asociación Amigos da Canceira de Ordes
Xaneiro 2015 Donación de 1000€ Refuxio de animais de Cambados Refugio de Cambados

Preocupanos tamén o benestar destes peludos por iso, non só doamos materiais para mellorar o seu benestar, se non que tamén realizamos recollidas de materiais donados polos nosos visitantes, para entregarllo no seu nome a organizacións que velan polo benestar destes animais: 
 
Recollida de donacións e entregas a asociacións que protexen ós animais
  Asociación Amigos da Canceira de Ordes
Asociación de amigos da canceira de Ordes


05/2015 : donación de camitas antifungos para cans
01/2016: entrega de donacións de particulares (pensos, mantas...)

 

Refugio de Cambados

Refuxio de animais de Cambados

04/2015 : entrega de donacións de particulares (pensos mantas..)
01/2016: entrega de donacions de particulares (pensos..)

Donación de materiales al refugio de Cambados - abril 2015



Mantemos as 200 hectáreas de bosques e prados da nosa granxa libres de pesticidas e herbicidas, e conservamos un 20% de hectáreas de bosque para a conservación das plantas e animais autóctonos. Todos os anos ademáis plantamos un mínimo de 300 árbores novas.


Vasiño 100% reciclable


 
O vasiño do noso iogur é 100% reciclable.
Decidimonos por este vasiño pola posibilidade de reciclalo por separado. Eliximos o vasiño que ten a capa de plástico máis fina de todos, e posto que ao ser tan fina non se aguantaría o iogur, vai recuberto por un cartonciño que mediante un abre-fácil se pode retirar para reciclar por separado. 

 


Brigada Anti lobo
Os burros, alarma natural para avisar da presena de depradadores. 
Os burros funcionan como unha alarma natural, gracias a esas orellas enormes son capaces de escoitar cando o lobo está cerca, e avisar con un iiiiiiaaaahh a mastíns e vacas! Deste xeito os mastíns están en alerta e as vacas teñen tempo de fuxir, é un sistema se seguridade natural, que nos permite convivir pacíficamente con todas as especies autóctonas. Esta idea importamola de Namibia, onde os burros fan garda diante de cada poblado, e son a alarma para avisar ó poblado de posibles depredadores!
É unha historia moOoi bonita, podes ler máis acerca dela neste enlace: http://www.casagrandexanceda.com/lobo.html 
Mastíns, uns fieis amigos e grandes vixlantes.
Tamén adoptamos a máis de 10 cans abandonados. Démoslles un novo fogar cheo de diversión e cariño e eles nolo agradecen protexendo ás vacas dos ataques dos lobos.



Somos pequenos pero sempre que podemos colaboramos, contribuíndo con produto para actos solidarios locales. Se estás organizando algún evento solidario avísanos e intentaremos colaborar coa túa organización!

Estas son algunhas das últimas doacións que fixemos: 
 

02/2016 2.196 iogures Eco Desarrollo Gaia
02/2016 2.304 iogures Banco de Alimentos Rías Altas
02/2016 2.361 iogures Cruz Roja
02/2016 2.304 iogures Fundación Amigos de Galicia
05/2016 3.500 Bbbio Perrotón Madrid




De entre as visitas que realizamos hai unhas que son moOooi especiais! Son visitas para colectivos e/ou asociacións de grupos con características especiais. Cremos que o contacto coa natureza e os animais ten efectos moi positivos e mesmo terapéuticos nestas personas.
Algúns colectivos que participaron destas visitas solidarias son:
ASPANA
ES | AFAMO | 

Escíbenos a info@casagrandexanceda.com !
 

   
Enviar Email www.prodesin.com Youtube Facebook Twitter Linkedin Pinterest